Skip to Content

Actividades

POLOS CREATIVOS

ONTE AS MESTRAS DO FERNÁNDEZ VARELA TIVEMOS UNHA FORMACIÓN RELACIONADA COA IMPRESORA 3D.

ESTA FORMACIÓN NOS AXUDA

A AMPLIAR OS NOSOS COÑECEMENTOS E ASÍ PODER INTRODUCIR TODO O MATERIAL DE POLOS CREATIVOS QUE NALGÚN MOMENTO CHEGARÁ AO NOSO CENTRO.

 

 

AGORA XA PODEMOS FACER UN MONTÓN DE ACTIVIDADES COA IMPRESORA PARA OS NOSOS PEQUENOS E PEQUENAS.

ROBÓTICA

SEGUIMOS TRABALLANDO CON MULTITUDE DE MATERIAIS QUE COMPLEMENTAN O NOSO MAKERSPACE. TEMOS UNHA NOVA INCORPORACIÓN, UN MICROSCOPIO,

E....QUE MELLOR FORMA DE PROBALO QUE CO NOSO PROPIO CORPO?

TIÑAMOS MOITO INTERESE EN VER COMO ERAN OS NOSOS OMBIGOS.

POR OUTRA BANDA TAMÉN INCORPORAMOS O KAPLA, UN NOVO MATERIAL PARA ELABORAR NOVAS CONSTRUCCIÓNS E COMPOSICIÓNS.

E COMO NON, SEGUIMOS COS PANÉIS PARA O NOSO ROBOT E COA CREACIÓN DE NOVOS MINIMUNDOS PARA O SEU MOVEMENTO.

 

 

 

 

 

AS NOSAS MULLERES IMPORTANTES

Dende o noso cole traballamos múltiples actividades relacionadas co día da MULLER.

A nosa mestra LARA, especialista de Audición e Linguaxe, desenvolveu cos nosos pequenos e pequenas unha actividade preciosa relacionada cas mulleres importantes da nosa vida.

Para ver o resultado só tedes que ler este código QR e veredes a sorpresa coa que vos ides atopar.

Esperamos que vos guste moito.

OS PEIXIÑOS

OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 3 ANOS FAI UNS MESES COMEZARON UN PROXECTIÑO SOBRE OS PEIXES.

E QUE MELLOR FORMA DE COÑECER NOVOS CONCEPTOS QUE TRABALLANDO A DIRECCIONALIDADE CO NOSO PROPIO CORPO?

ESTOS SON ALGÚNS DOS PASOS QUE DEBEMOS DAR PARA POSTERIORMENTE USAR O NOSO ROBOT.

A robótica

Como moitos xa sabedes, na nosa biblioteca do centro creamos un novo espazo dedicado ás luces, as sombras e a robótica.

Tentamos que os nosos alumnos e alumnas descubran posibilidades e desenvolvan a súa imaxinación a través dos materiais que se lle presentan neste espazo. Provocamos que a súa curiosidade floreza.

A continuación vos mostramos anacos do que son as nosas sesións.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut