Avisos

ADMITIDOS CURSO 2023-2024

TODOS OS NENOS E NENAS QUE PRESENTARON A RESERVA DE PRAZA NO NOSO CENTRO HAN SIDO ADMITIDOS.

EN XUÑO SE ABRIRÁ O PRAZO DE MATRICULA, PARA O CAL SUBIREMOS A INFORMACIÓN CORRESPONDENTE POR AQUÍ.

CALQUERA DÚBIDA PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DO:

CORREO ELECTRÓNICO eei.fernandez.varela@edu.xunta.gal

OU NO TELÉFONO 881866295.

 

Xornada de portas Abertas

BOAS! RECORDADE QUE COMEZAMOS COA XORNADA DE PORTAS ABERTAS!! 

TODOS AQUELES QUE QUEIRADES SABER UN POUCO MÁIS DO NOSO CENTRO, NON DUBIDEDES EN CHAMAR ESTAREMOS MÁIS QUE DISPOSTOS A ENSINARVOS COMO TRABALLAMOS E TODOS OS RECUNCHOS QUE INVADEN O NOSO CENTRO.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: “CEP SALUSTIANO REY EIRAS”

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento, polo tanto informamos que:

 

O alumnado de 6º de Educación Infantil, que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición,no noso caso é CEP SALUSTIANO REY EIRAS, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar o formulario normalizado ED550A, a través das seguintes canles: na nosa Escola, ou a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” que atoparedes AQUÍ.

 

O prazo de presentación comprende do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023. En caso de presentarse no Centro Educativo, será entragado á titora dos alumn@s. E importante que, a solicitude veña asinada polos dous proxenitores ou representantes legais.

 

En todo momento, as familias poderedes consultar o estado de tramitación das vosas solicitudes utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante, na aplicación informática “admisionalumnado”.

 

O alumnado que vaia a asistir a un Centro Educativo distinto ao adscrito, deberá presentar a solicitude de admisión no centro elexido, do 1 ao 20 de marzo.

 

Para máis información podedes poñervos en contacto coa escola a través do noso correo electrónico eei.fernandez.varela@edu.xunta.gal ou dos teléfonos do centro.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer