English

Numbers and glass dictation

“From one to ten and back” foi o conto co que recordamos os números do 1 ao 10. Fixemos algún xogo como “glass ditaction”.

Álbum: ENGLISH -> Numbers and glass dictation

Halloween

Para festexar Halloween lemos diferentes historias e bailamos algunha que outra canción. Trala lectura do conto “Little cloud” decidimos que podiamos facer a nosa pantasma de algodón semellando unha nube. En pequeno grupos xogamos co vocabulario das cancións de Halloween para completar as nosas “Hunted houses”.

Por outro lado, a nosa auxiliar de conversa contounos un conto chamado “What’s in the witch’s kitchen?”. Aprendemos vocabulario e pásamolo moi ben!

Álbum: ENGLISH -> Halloween

The colour monster

A través do conto “The colour monster” traballamos as emocións e cores. Fixemos os nosos propios “monsters” e logo explicamos aos compañeiros as cores do mesmo e como se sentía.

Por outro lado, relacionamos este conto coa música e o noso proxecto de plurinfantil “Music around the world”. Decoramos “big monsters” con diferentes tipos de liñas. Cadaquén escolleu libremente que monstruo decorar según o que sentimento que lle transmitía a música escoitada no momento.

Álbum: ENGLISH -> The colour monster

Pete the cat: I love my white shoes.

En 4 e 5 de infantil traballamos con Pete the cat co seu conto “I love my white shoes”. Ademais de facer diferentes xogos, en pequenos grupos utilizamos diferentes cores para facer o zapateiro para Pete, logo presentámolo aos compañeiros.

Álbum: ENGLISH -> Pete the cat: I love my white shoes

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer