Skip to Content

MALETA VIAXEIRA


Esta nova MALETA VIAXEIRA vai empezar a súa andaina indo de casa en casa nun día moi importante no calendario de celebracións do XOGO TRADICIONAL, o día de San MARTIÑO co seu dito tan coñecido:


 



POLO  SAN    MARTIÑO,


TROMPOS  Ó  CAMIÑO.



Quere que a enchades con cancións de roda, sorteos, partes do corpo,…


O seu funcionemento é moi sinxelo:

 


1.     Buscamos sobre o tema.



2.     Escollemos a que máis nos guste.



3.     Decimos quen nola dixo, idade, onde vive, a relación que ten con nós e todo aquelo que nos pareza interesante.



4.     O tempo é dunha semana.


5.     Xa de volta na clase, traballamos 1 cada semana ilustrándoa, recintándoa, cantándoa, xogando con ela e expoñéndoa para recordala nun lugar que escollamos.



6.     Usarémolas ata facelas nosas en todas as actividades onde “encaixen”.


7.     Cando remate o curso, todo este tesouro volverá ás vosas casas para que o teñades presente, e compartades toda esta riqueza oral e que siga viva e gozando de boa saúde moitos anos máis.


 



             Graciñas pola vosa colaboración


 



 



 


Comentarios

A ver a ver por Anónimo


page | by Dr. Radut