Skip to Content

A AUGA E OS SENTIDOS

Boas!

Ao longo deste curso tan “acuático”, descubrimos un montón de cousas grazas a os nosos sentidos.

Co gusto e co olfacto, probando e ulindo moitos líquidos descubrimos que a auga non ten sabor nin olor.

A vista serviunos para analizar a súa cor e mira por onde … non ten!

Co tacto notamos  que a auga non é pegañento como a mel nin esvaradío como o aceite e aproveitamos para distinguir varias temperaturas.

E co oído? Sabemos  que a auga quieta non fai ruído pero si podemos distinguir sons coma o da chuvia, o “chapoteo” nun charco, as ondas do   mar… Tamén dedicamos un tempo a descubrir diferentes sons coa auga como cando axitamos unha botella con auga, facemos gargarexos ou vertemos duns envases a outros …

Aí van unhas fotos que esperemos que vos gusten.

Por certo, como aquí  nos aproveitamos ata dos erros, a ver se sabedes a que sentido se refire Bob Esponja con esa bufanda...




page | by Dr. Radut