Skip to Content

O CRA en común

Entroido 2024

Velaquí a nosa celebración do entroido no 2024.

 

O NADAL NO CRA

Dende o CRA María Zambrano querémosvos amosar como festexamos este nadal xuntos/as con moita ilusión e diversión.

Bo Nadal!

 

Celebración do día da Paz

O pasado 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz xunto co centro de día Mirador do Val.

Ademais, da participación dos nosos nenos e os nosos maiores, contamos coa presenza da alcaldesa e mesmo da TVG!.

Foi un día cheo de emocións, no que, nesta ocasión, corrimos a favor da asociación contra o cáncer de páncreas ACAPAN.

Velaquí un resumo do noso día:

 

Reseña da TVG

 

Xornada de portas abertas

ERASE UNHA VEZ…..UNHA ESCOLA RURAL

No CRA María Zambrano de O ROSAL, xa temos data para o día de PORTAS ABERTAS!!!

Agardámoslles con moita ilusión, o MARTES 27 DE FEBREIRO.

De 16 a 17h nas escolas de PÍAS E PARADELA(EIRAS) E NOVÁS.

De 17 a 18h nas escolas de COUSO, FORNELOS E MARZÁN.

Podes descargar o tríptico premendo nas imaxes:

 

  

 

 

Organización do entroido 2024

ENTROIDO

Queridas familias:

Como tódolos anos, celebramos o noso Entroido na escola de Novás. Debido o mal tempo aprázase ao vindeiro venres 16 de Febreiro.

 

Este venres 9 de febreiro faremos a festa nas nosas aulas, poderán vir disfrazados como queiran.

Ao longo da semana imos enviar as Ordes do Meco, e as teredes tamén en cada escola.

Venres 16 de Febreiro en Novás:

Os alumnos/as virán disfrazados xa da casa,  (co disfrace correspondente da súa aula).

A hora de chegada será as 9:00h na escola de Novás.

Excepto as aulas de Fornelos e Pías, que saen das súas aulas. (As titoras xa especificarán as familias como deben facer).

As familias podedes asistir a partir das 11.00h para ver o desfile na pista de Novás.

Para non perder o costume, compartiremos unha merenda especial típica destas datas (orellas, filloas, empanada…) que distribuiremos por escolas. A debedes deixar en Novás á hora da chegada. E será preciso que toda a comida xa veña cortada.

A distribución de alimentos por escolas é a seguinte:

Bebidas (zumes e auga): Novás.

Alimentos salgados cortados: Couso, Marzán, Pías Infantil e Primaria.

Alimentos doces cortados: Paradela, Fornelos Primaria e Infantil.

A hora da merenda para o alumnado será as 12:00h. A partir das 12:30h compartiremos a merenda coas familias. Vos pedimos que respectedes os horarios para que o alumnado poida gozar cos seus compañeiros.

Entre as 13:30 e as 14:00h, as familias recollerán aos seus fillos e fillas previo aviso ás titoras.

 

A ANPA vai abrir a cantina para a vosa disposición e montarán un mercado.

Dende o CRA vos invitamos a que colaboredes e participedes. Moitas grazas e

Feliz entroido!

Podes descargar a organización premendo no seguinte enlace 

Ordes do meco

Xa están listas as ordes do meco. Moito ollo!.

Podes premer na imaxe para descargalas

Celebración do Magosto no CRA

Aquí vai unha pequena presentación da celebración do Magosto no cole:

Visita a San Xerome Emiliani

O pasado 11 de decembro de 2023, o alumnado de Primaria de Novás e Fornelos, visitamos o centro San Xerome Emiliani, a asociación que traballa con persoas con diversidade intelectual.

Antes de entrar no San Xerome fomos ao super a mercar a merenda (unha froita e unhas galletas) que escolleron e pagaron os nenos e nenas. Logo fomos ao centro onde fixemos diversos xogos, tocamos instrumentos na aula de música, fixemos unhas chapas moi chulas, fomos á aula multisensorial...

Foi unha xornada moi especial porque fixemos moitas actividades divertidas e o pasamos moi ben.

Distribuir contido


by Dr. Radut