Skip to Content

O CRA en común

O Nadal no CRA- Xaneiro 2021

08/01/2021 11:24
08/01/2021 23:59

 Dende o CRA, e grazas ao traballo realizado pola mestra de Educación física "Cristina" e por todo o alumnado, queremos iniciar este novo ano recordando os vídeos que despediron o 2020 en cada unha das aulas. A pesar da distancia e a imposibilidade de xuntarnos co resto de aulas e nen@s, tivemos un contacto especial e diferente!! Non vos perdades o contido destes dous vídeos...       

BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

 

Non á Violencia de Xénero- Novembro 2020

26/11/2020 12:03
26/11/2020 14:00

 Dende o CRA Mº Zambrano traballamos o "25N- día contra a violencia de xénero" a través das propostas e da colaboración co concello a través do visionado da película e do libro titulado "O DRAGÓN ZOG"            

                                                             

Tamén, tamén quixemos traballar decorando as nosas mans que simbolizan o "STOP Á VIOLENCIA", todos nos unimos contra ela!!

Samaín no CRA- Outubro 2020

02/11/2020 11:31
02/12/2020 23:59

O MEDO XA NON NOS DA MEDO!!!

Como xa feremos ao longo deste curso; as propostas e ideas para celebrar diferentes festas e conmemoracións, levaranse a cabo nas nosas propias aulas e cos grupos de traballo establecidos na mesma :)

 Así, algunhas das ideas de traballo para o SAMAÍN son:

Comezamos un novo curso- Setembro 2020

10/09/2020 11:14
10/09/2020 14:00

 

   BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!! XA ESTAMOS DE VOLTA NAS NOSAS AULAS!!! ESTA "NOVA NORMALIDADE" NON IMPEDIRÁ QUE SIGAMOS PROPONDO E FACEMOS MULTITUDE DE ACTIVIDADES, MANUALIDADES, CELEBREMOS FESTIVIDADES OU CONMEMORACIÓNS!!!...

 PERO...SEMPRE CUMPRINDO COAS MEDIDAS SANITARIAS E DE SEGURIDADE!!!

A corentena en Tabagón, 12ª semana- Xuño 2020

16/06/2020 16:27
17/06/2020 23:59

 

O alumnado da Escola de Tabagón, xa está na semana número 12, e ao longo da mesma traballaron en diferentes propostas que vos mostramos a continuación...

  • LUNS, celebramos o "Día dos océanos"; facemos peixes, arcoiris e acuarios.

 

  • MARTES,este día o dedicamos a tarefas de Inglés. 

 

  • MÉRCORES, creamos debuxos con follas e fixemos limonada.

 

  • XOVES, dedicamos o día a face composicións monocromáticas.

 

A corentena en Tabagón, 11ª semana- Xuño 2020

11/06/2020 16:52
12/06/2020 23:59

 

O alumnado da Escola de Tabagón, xa está na semana número 11, e ao longo da mesma traballaron en diferentes propostas dedicadas a "semana do medio ambiente", e aquí as tedes...

  • LUNS, xogamos con diferentes papeis e analizamos e fotografiamos obras de arte.

 

  • MARTES,este día o dedicamos a tarefas de Inglés, a mostrar ao resto de compañeiros/as as froitas que mais nos gustan e xogamos ao pasapalabra 

 

  • MÉRCORES, sacamos fotos as mascotas que coidamos e a diferentes tipos de animais da nosa contorna.

 

A corentena en Tabagón, 10ª semana- Xuño 2020

03/06/2020 10:26
04/06/2020 23:59

 

O alumnado da Escola de Tabagón, ao longo desta décima semana traballaron en diferentes propostas, e aquí as tedes...

  • LUNS, celebramos o "Día da toalla! e traballamos as caras con sombras

 

  • MARTES, traballamos e recordamos o continente de África e traballamos as cara de inglés.

 

  • MÉRCORES, facemos series con diferentes materiais e recursos.

 

  • XOVES, xogamos e traballamos os números; e facemos os nomes con lápices

 

  • VENRES, elaboramos caras con froitas...

 

A corentena dos CRAOLÍMPICOS, 10ª semana- Xuño 2020

03/06/2020 10:07
04/06/2020 23:59

 

OLA FAMILIAS E CRAOLÍMPICOS!!

Xa damos por finalizada a décima semana dedicada, e ao longo da mesma se propuxeron unha serie de actividades (sombras, xogamos cos números, fotografías artísticas...) Mirade as fotos tan orixinais e divertidas coas que nos atopamos Sorriso

         

                            NON VOS PERDADES AS IMAXES!!!!

 

A corentena en Tabagón, 9ª semana- Maio 2020

26/05/2020 10:28
27/05/2020 23:59

 

O alumnado da Escola de Tabagón, ao longo desta novena semana traballou na proposta de adiviñas colgada na web e, ademais, outras propostas como o conto da eiruga moi larpeira e...

  • LUNS, fixeron unha araña e eiruga para o soplado

 

  • MARTES, o dedicamos a medir e debuxar as mans, e traballamos as froitas das eirugas en inglés

 

  • MÉRCORES, debuxamos e desciframos a adiviña do iglú e eirugas de pedra.

 

  • XOVES, descubrimos que a adiviña era o grato e fixemos macedonia de froitas.

Tamén foi o día internacional de andar descalzo e xogamos cos pes; medimos, comparamos o número de zapato e fixemos cosquillas...

 

A corentena en Tabagón, 8ªsemana- Maio 2020

19/05/2020 12:37
20/05/2020 23:59

 

O alumnado da Escola e Tabagón, ao longo deste semana, traballou e fixeron todos os retos que se propuxeron para as LETRAS GALEGAS dende o equipo de dinamización da lingua galega. E, ademais, tamén fixeron unhas medallas para as familias e unhas peonzas para xogar todos xuntos (en familia)... ahí vai un vídeo montaxe que reflexa o traballo que levaron a cabo...

 

 UN DÍA MAIS, É UN DÍA MENOS!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut