Skip to Content

O CRA en común

Samain en Novás - Outubro 2019

30/10/2019 09:00
30/10/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Novás(de educación infantil e primaria) celebraron o Samaín xuntos e o fixeron a través de diferentes actividades como:

  • Taller de repostería, coa elaboración de magdalenas de cabaza.
  • Traballaron os contos "Os esqueletos divertidos" e "Sopa de cabaza".
  • Elaboración do mural sobre o conto de "sopa cabaza".
  • Maquillaxe terrorífico grazas a nosa mestra de música Adela!!

Guiño QUE BEN O PASAMOSSSSSSS!

Imos ao supermercado- Setembro 2019

25/09/2019 09:00
25/09/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Fornelos (de educación infantil e primaria) saímos ao supermercado do Rosal para mercar os ingredientes necesarios na elaboración das receitas que faremos na celebración dos aniversarios!!!

Guiño IMOS VER QUE CONSEGUIMOS!

Taller de cociña - Outubro 2019

15/10/2019 09:00
15/10/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Novás (de educación infantil e primaria) realizamos nestre primeiro trimestre un taller de cociña, no cal elaboramos un biscoito de cabaza con cobertura de chocolate. 

Guiño QUE BEN O PASAMOS, E QUE RICO ESTABA!!!

Revista "O Bufo Fich nº10" - Xuño 2019

29/06/2019 11:24

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a décima edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!


Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa fin de curso - Xuño 2019

20/06/2019 09:00
20/06/2019 14:00

Xa está... O curso 2017-18 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Pousavasos da nosa contorna - Xuño 2019

18/06/2019 09:00
18/06/2019 14:00

O alumnado do CRA, en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega, elaborou uns pousavasos para dar a coñecer os diferentes elementos da contorna. Estes pousavasos estarán presentes en diferentes establecementos do Rosal.

Visita de primaria a Panxón - Xuño 2019

13/06/2019 09:00
14/06/2019 14:00

O alumnado de primaria foi pasar dous días a Residencia de tempo libre da Xunta en Nigrán. Nestos días, poideron desfrutar da praia e de diferentes actividades cos diferentes mestres e mestras. Pola noite, fomos pasear polo paseo marítimo e despois foron para as habitacións, onde pasaron unha noite do máis tranquila. 

Saída a Baiona a visitar a Carabela Pinta - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA fomos de excursión a Baiona. Alí visitamos o museo do Mar, a Carabela Pinta e tamén xogamos nun parque infantil. Para elo, dividímonos en 4 grupos, mentres un iba a carabela, outro iba o museo do mar e os outros dous quedaban no parque xogando.

Ademáis, o alumnado de primaria, no tempo de estar no parque, foron dar un paseo polas murallas do paseo de Baiona.

Saída a Baiona - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

O vindeiro Mércores 29 de Maio os nenos e nenas do CRA iremos de excursión a Baiona. Alí visitaremos o Museo do Mar, unha carabela e faremos actividades ó aire libre.

Saída a pescar de Tabagón - Maio 2019

24/05/2019 09:00
24/05/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Tabagón pasamos unha mañan de pesca no río Miño. Ó remate da merenda, collimos as nosas canas e baixamos ó río andando, e unha vez alí preparamos as nosas canas e puxémonos mans á obra. Pasámolo xenial e incluso nos quedamos ata máis tarde das 14:00 desfrutando do día do río.

Distribuir contido


by Dr. Radut