Skip to Content

Fornelos

8 de maio de 2024

Hoxe tocou plantar os plantóns dos semilleiros que puxemos para que non se estropeen.

Tamén estamos a preparar un bancal elevado para flores coa técnica da lasaña. Poñemos unha capa de cartóns, outra de ramas e troncos, outra de palla e restos orgánicos e volvemos repetir...

 

 

Día no auditorio do Rosal

6 de maio de 2024

Hoxe foi un día un pouco especial porque o pasamos no auditorio do Rosal todos os nenos e nenas de Primaria do CRA.

Primeiro tivemos clase normais nas aulas da escola de Música e, como son pequenas, tivemos que apretarnos un pouco! Pero foi divertido e diferente.

Despois merendamos e xogamos na praciña que está ao lado e por último fomos ao espectáculo organizado polo Concello para homenaxear á escritora Luisa Villalta polo Día das Letras Galegas deste ano.

Cantamos moito e pasámolo moi ben e ao finalizar, regaláronnos un libro.

 

 

O tacto da terra do noso patio

3 de maio de 2024

Seguimos a experimentar coa terra do noso patio. Esta vez queríamos saber o tacto que tiña seca e mollada.

Dímonos conta cal era máis suave e agradable ao tacto e con cal se podía modelar ata formas!

 

Plantando leitugas

29 de abril de 2024

Durante varios dñias preparamos os bancais para poder plantar. Este ano decidimos plantar leitugas de varios tipos, e máis adiante plantaremos as plantiñas que nos saíron nos semilleiros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Biscoito de cenoria e cumple de Iker

26 de abril de 2024

Coas cenorias que collimos fixemos un rico biscoito para celebrar o cumple de Iker.

Tamén escribimos a receita por se queremos facer o biscoito outro día.

Parábéns Iker!

   
   

 

Recollemos as cenorias que plantamos en outono

24 de abril de 2024
Hoxe recollemos as cenorias que plantamos en outubro. Con todo o que choveu, a verdade é que non puidemos vir moito ao horto a coidar das nosas cenorias e quedaron un pouco pequenas e con formas raras.

Collimos as cenorias para poder facer un biscoito e para deixar o bancal libre para poder plantar cousas novas.

 

 

Obradoiro de estampación

O equipo de biblioteca do CRA organizou uns obradoiros de estampación moi divertidos nos que decoramos unha bolsa de tea con plantillas que organizaron os de infantil nunha tablilla e con plantillas realizadas por eles mesmos os de primaria.

Quedaron unhas bolsas moi chulas!

 

Moncho veu a facer copias con xelatina

O mestre Moncho veu á escola a ensinarnos como se poden facer fotocopias sen fotocopiadora, usando xelatina como se facía hai moito, moito tempo.

 

 

Preparando e coidando o horto

Estes días estamos a preparar os nosos bancais para poder plantar. Tamén limpamos o bancal das plantas aromáticas e lle poñemos palla para que as malas herbas tarden en medrar.

 

Facendo semilleiros

É o momento de plantar sementes para poder plantar no noso horto.

Temos sementes de xirasol, de lufa, de cabaza, de millo...

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut