Skip to Content

Fornelos

Festa de samaín - Outubro 2019

30/10/2019 09:00
30/10/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Fornelos celebramos o SAMAÍN e o fixemos coa visita do alumnado de Marzán. Pasamos unha mañá moi divertida e tamén terrorífica Vergoña. Comezamos cunha historia e un conxuro,  para posteriormente realizar unha serie de acertixos e de probas que nos abrían a porta da escola deinfantil, na cal comezamos á elaboración de postres maléficos e propios deste día. 

 

Sorriso AHÍ ESTÁN AS FOTOS!!!

Imos ao supermercado- Setembro 2019

25/09/2019 09:00
25/09/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Fornelos (de educación infantil e primaria) saímos ao supermercado do Rosal para mercar os ingredientes necesarios na elaboración das receitas que faremos na celebración dos aniversarios!!!

Guiño IMOS VER QUE CONSEGUIMOS!

Fornelos- Setembro 2019

22/09/2019 09:00
22/09/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Fornelos (de educación infantil e primaria) estamos listos para comezar e afrontar este novo curso con ilusión. Pouco a pouco vos iremos mostrando fotos de todo o que imos invetigando e aprendendo!

Sorriso COMEZAMOS!!!

 

      

 

 

 

Revista "O Bufo Fich nº10" - Xuño 2019

29/06/2019 11:24

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a décima edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!


Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa fin de curso - Xuño 2019

20/06/2019 09:00
20/06/2019 14:00

Xa está... O curso 2017-18 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Pousavasos da nosa contorna - Xuño 2019

18/06/2019 09:00
18/06/2019 14:00

O alumnado do CRA, en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega, elaborou uns pousavasos para dar a coñecer os diferentes elementos da contorna. Estes pousavasos estarán presentes en diferentes establecementos do Rosal.

Visita de primaria a Panxón - Xuño 2019

13/06/2019 09:00
14/06/2019 14:00

O alumnado de primaria foi pasar dous días a Residencia de tempo libre da Xunta en Nigrán. Nestos días, poideron desfrutar da praia e de diferentes actividades cos diferentes mestres e mestras. Pola noite, fomos pasear polo paseo marítimo e despois foron para as habitacións, onde pasaron unha noite do máis tranquila. 

Saída a Baiona a visitar a Carabela Pinta - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA fomos de excursión a Baiona. Alí visitamos o museo do Mar, a Carabela Pinta e tamén xogamos nun parque infantil. Para elo, dividímonos en 4 grupos, mentres un iba a carabela, outro iba o museo do mar e os outros dous quedaban no parque xogando.

Ademáis, o alumnado de primaria, no tempo de estar no parque, foron dar un paseo polas murallas do paseo de Baiona.

Saída a Baiona - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

O vindeiro Mércores 29 de Maio os nenos e nenas do CRA iremos de excursión a Baiona. Alí visitaremos o Museo do Mar, unha carabela e faremos actividades ó aire libre.

Coñecemos o colexio da Mata - Maio 2019

23/05/2019 09:00
23/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA que o vindeiro curso irán ó colexio da Mata tiveron a oportunidade de visitalo e coñecer as diferentes aulas, mestres e mestras e formas de traballar. Ademáis tamén poideron compartir xogos e actividades cos que van ser os seus futuros compañeiros.

Distribuir contido


by Dr. Radut