Todo o alumnado de Primaria estivemos no Calvario facendo moitas actividades. Xogamos no ecoparque, fomos á biblioteca do Concello a escoitar unah contacontos, fomos ao museo cabaqueiro para que nos explicaran quenes eran os cabaqueiros e por último fomos ao Pavillón a xogar ao balonmán cos xogadores do Novás.
Fomos ao noso horto para recoller o millo que plantamos o curso pasado. Recollimos moitas mazorcas pero vimos que tiñan moitos bichiños e que estaban moi estropeadas.
Logo, na aula debullamos as mazorcas para ver os grans que estaban ben e sen bichos.
O gurgullo púsoxe as botas co noso millo e nos deixou moi poucos grans para nós.
Comezamos un novo curso e fomos dar un paseo ao noso horto para ver as árbores e para coller mazás e... atopamos a muda dunha cobra rateira (bastarda).
Foi unha sorpresa!
Logo, na clase, medimos a pel, miramos as escamas no microscopio e investigamos para averiguar que tipo de cobra era.