Skip to Content

Fornelos

Veu o Paxe Real á escola

20 de decembro de 2023

Hoxe veu o Paxe Real á escola de Fornelos para recoller as cartas que lle escribimos aos Reis Magos.

Mentres esperabamos, fixemos un biscoito de limóns do horto para celebrar os cumples do mes de decembro que son os de Roi e Teo.

 

Visita ao San Xerome Emiliani

11 de decembro de 2023

Hoxe o alumnado de primaria de Novás e de Fornelos fomos á Guarda para visitar o San Xerome Emiliani  e convivir un tempiño cos rapaces e rapazas que estudan alí.

Xogamos a moitas cousas, estivemos na aula sensorial, fixemos chapas e estivemos na aula de música tocando instrumentos.

Por certo...

Antes de entrar fomos ao super que hai cerca para mercar a nosa merenda. En grupos tiñamos que poñernos dacordo para escoller a froita que queriamos e tamén unhas galletas. Había que estar moi atentos de non pasarnos porque tiñamos 4 euros cada grupo. Foi moi divertido!

 

 

Tarta de castañas para os cumples de novembro

29 de novembro de 2023

Hoxe celebramos os cumples de novembro facendo unha tarta de chocolate e as castañas que apañamos no Tamuxe.

Celebramos os cumples de Tolín, Lucas Gándara e Lucas Otero.

Parabéns!

 

 

Facemos pan

24 de novembro de 2023

Mañá, 25 de novembro, é o día contra a violencia de xénero e desde o concello organizaron uns contacontos nas aulas do CRA e logo un obradoiro de pan.

 

 

Saímos a apañar castañas

9 de novembro de 2023

Hoxe por fin, despois de tanta chuvia, puidemos ir apañar castañas ao lado do Tamuxe.

 

 

Samaín e cumple do mes

31 de outubro de 2023

Hoxe celebramos o Samaín na clase de primaria.

Onte cavamos a cabaza que nos trouxo a avoa de Iker.

E hoxe fixemos un biscoito de cabaza para celebrar o cumple de Naiara.

Despois puxémoslle unha cara á cabaza, acendimos unhas velas dentro, apagamos as luces e a profe leunos un conto de mosntruos.

 

Plantación de inverno

30 de outubro de 2023

Estes días fomos plantar ao horto os nenos e nenas de infantil e primaria de Fornelos.

Plantamos cenorias, espinacas e chícharos.

Ata atopamos unha cabaza que sobreviviu do curso pasado!

 

Novos bancais para o horto

19 de outubro de 2023

Por fin nos chegaron os novos bancais para o horto que nos deu a ANPA.

Agora hai que preparalos para poder plantar!

 

 

Visita ao Calvario

3 de outubro de 2023

Todo o alumnado de Primaria estivemos no Calvario facendo moitas actividades. Xogamos no ecoparque, fomos á biblioteca do Concello a escoitar unah contacontos, fomos ao museo cabaqueiro para que nos explicaran quenes eran os cabaqueiros e por último fomos ao Pavillón a xogar ao balonmán cos xogadores do Novás.

Recolleita do millo na escola de Fornelos

28 de setembro de 2023

Fomos ao noso horto para recoller o millo que plantamos o curso pasado. Recollimos moitas mazorcas pero vimos que tiñan moitos bichiños e que estaban moi estropeadas.

 

Logo, na aula debullamos as mazorcas para ver os grans que estaban ben e sen bichos.

 

O gurgullo púsoxe as botas co noso millo e nos deixou moi poucos grans para nós.

   
   

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut