Skip to Content

Samaín no CRA- Outubro 2020

02/11/2020 11:31
02/12/2020 23:59

O MEDO XA NON NOS DA MEDO!!!

Como xa feremos ao longo deste curso; as propostas e ideas para celebrar diferentes festas e conmemoracións, levaranse a cabo nas nosas propias aulas e cos grupos de traballo establecidos na mesma :)

 Así, algunhas das ideas de traballo para o SAMAÍN son:

  • Visionamos un curto sobre a "Orixe do SAMAIN" e falamos daquelas cousas que nos dan medo.
  • ¿Cómo podemos deixar atrás os nosos medos?? ... propomos debuxar os nosos medos e gardalos nun saquiño, tamén podemos facer un conxuro para non entren os nosos medos na escola...
  • Traballamos diferentes imaxes propias do SAMAIN a través do escornabots

   E, como tódolos anos; vimos disfrazados, facemosunha exposición das cabazas decoradas na casa coas nosas familias, temos a aula decorada e preparada para a ocasión, papamos unha merenda terrórifica!!!

Ademais das fotos que tedes enlazadas, queremos compartir un vídeo que recolle e resume o día tan emocionante que pasamos!!!

     ADIANTE VÍDEO!!! 

Sorriso AHÍ ESTÁN AS FOTOS!!!



actividade | by Dr. Radut