Skip to Content

Aprendendo a sentir 20/21

Día das Letras Galegas- Maio 2021

28/06/2021 16:32
29/06/2021 23:59

 

17DEMAIO#DÍADASLETRASGALEGAS... e dende as diferentes aulas do CRA conmemoramos esta data tan especial, dedicada este ano a "XELA ARIAS", a través de diferentes actividades como:

  • Repaso da súa vida e obra.
  • Decoración de mandalas e marcapáxinas con diferentes técnicas e de maneira orixinal
  • Murais repaso da conmemoración
  • Xogo interactivo "Genially" (preme aquí e accede ao mesmo)

 

       ESPERAMOS QUE VOS GUSTE AS FOTIÑOS!!!

Día do Libro- Abril 2021

23/04/2021 17:46
24/04/2021 23:59

       #ETIQUELES?     FELIZ DÍA DO LIBRO!!!Risa

E para festexalo, ao longo destas últimas semanas, o alumnado do CRA, a través das súas palabras, estiveron elaborando uns marcapáxinas moi especiais, personalizados e...interactivos!!! 

Tedes polos establecementos comerciais do Rosal moitos deles, consegue un e descobre a través do seu código QR o que nos teñen que contar os peque@s!!!

 

Día de Rosalía de Castro- Febreiro 2021

24/02/2021 15:49
24/02/2021 23:59

 

24DEFEBREIRO#DÍADEROSALÍA... e dende o CRA queremos ofrecerlle unha pequena HOMENAXE... (preme na imaxe para o seu visionado). O fixemos con moita ilusión e gozo!!

 

       ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

                                 

 

 

O Nadal no CRA- Xaneiro 2021

08/01/2021 11:24
08/01/2021 23:59

 Dende o CRA, e grazas ao traballo realizado pola mestra de Educación física "Cristina" e por todo o alumnado, queremos iniciar este novo ano recordando os vídeos que despediron o 2020 en cada unha das aulas. A pesar da distancia e a imposibilidade de xuntarnos co resto de aulas e nen@s, tivemos un contacto especial e diferente!! Non vos perdades o contido destes dous vídeos...       

BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

 

Non á Violencia de Xénero- Novembro 2020

26/11/2020 12:03
26/11/2020 14:00

 Dende o CRA Mº Zambrano traballamos o "25N- día contra a violencia de xénero" a través das propostas e da colaboración co concello a través do visionado da película e do libro titulado "O DRAGÓN ZOG"            

                                                             

Tamén, tamén quixemos traballar decorando as nosas mans que simbolizan o "STOP Á VIOLENCIA", todos nos unimos contra ela!!

Samaín no CRA- Outubro 2020

02/11/2020 11:31
02/12/2020 23:59

O MEDO XA NON NOS DA MEDO!!!

Como xa feremos ao longo deste curso; as propostas e ideas para celebrar diferentes festas e conmemoracións, levaranse a cabo nas nosas propias aulas e cos grupos de traballo establecidos na mesma :)

 Así, algunhas das ideas de traballo para o SAMAÍN son:

Comezamos un novo curso- Setembro 2020

10/09/2020 11:14
10/09/2020 14:00

 

   BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!! XA ESTAMOS DE VOLTA NAS NOSAS AULAS!!! ESTA "NOVA NORMALIDADE" NON IMPEDIRÁ QUE SIGAMOS PROPONDO E FACEMOS MULTITUDE DE ACTIVIDADES, MANUALIDADES, CELEBREMOS FESTIVIDADES OU CONMEMORACIÓNS!!!...

 PERO...SEMPRE CUMPRINDO COAS MEDIDAS SANITARIAS E DE SEGURIDADE!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut