Skip to Content

Visita a San Xerome Emiliani

O pasado 11 de decembro de 2023, o alumnado de Primaria de Novás e Fornelos, visitamos o centro San Xerome Emiliani, a asociación que traballa con persoas con diversidade intelectual.

Antes de entrar no San Xerome fomos ao super a mercar a merenda (unha froita e unhas galletas) que escolleron e pagaron os nenos e nenas. Logo fomos ao centro onde fixemos diversos xogos, tocamos instrumentos na aula de música, fixemos unhas chapas moi chulas, fomos á aula multisensorial...

Foi unha xornada moi especial porque fixemos moitas actividades divertidas e o pasamos moi ben.



page | by Dr. Radut