Atendendo ás instrucións facilitadas pola Consellería, debemos avaliar o segundo trimestre coa información dispoñible ata o día 13 de marzo, día no que se interromperon as clases presenciais.
Lembrámoslles que a avaliación ten carácter continuo e, aínda que durante o período de suspensión se mantiveron as actividades educativas a través das modalidades a distancia e “on line”, estas non son avaliables para a determinación das cualificacións desta segunda avaliación.
Así mesmo, comunicámoslles que o venres 3 de abril publicaranse ditas cualificacións ao longo da mañá. Para poder acceder ao boletín, é necesario dispor do servizo abalarMóbil (aplicación que conta coa información académica do alumnado).
Recomendamos que os pais/nais/titores legais instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación Abalar Móbil para recibir as cualificacións e mensaxes do centro. Pode instalarse aquí.
Para ninguén vai a ser doado estar na casa sen saír o tempo que duren as medidas adoptadas polo Goberno de España para previr o contaxio do COVID-19. O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Cela quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade ante esta situación excepcional a aportar algunhas ideas e suxerencias.
No blog da nosa biblioteca deixamos unha serie de enlaces a iniciativas que foron xurdindo nestes días de confinamento e tamén a outros que sempre estiveron ahí e que agora pode que teñamos máis tempo para coñecelos:
TRABALLO PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES:
Seguindo as pautas da Consellería, nestes próximos 14 días o alumnado contará con actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que as poida realizar no seu domicilio, e das que se fará seguimento. Ditas actividades estarán a disposición do alumnado a través das titorías e departamentos.
Teredes cumprida información nesta páxina web a partires do luns 16 de marzo.
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
O Venres 14de Febreiro, pola mañá, acompañados polos profesores de Bioloxía: David Casado e de Educación Física Secundaria e Primaria: Mª Teresa Blanco e Ruth Mateos, os nosos alumnos de Primaria e Secundaria, competiron no Campionato escolar de campo a través de Xogade no Pinar de Cabanas, dentro da fase comarcal,contra outros CPI e Institutos da Comarca ( Miño, Neda,etc). Participamos dende a categoría benxamín ata a cadete, tanto como feminina e masculina.
O noso alumnado ( todos, sen excepción) puxo todo o seu esforzo e rendemento dentro das posibilidades de cada un. Sinalar os bosresultados de algún dos/as nosasdeportistas, xa quepasaron a fase provincial que será en Carballo o 6 de Marzo.
É destacable a participación e entrega de todo o alumnado, como vedes no listado de clasificacións, pero especialmente, polos seus bos resultados:
2º Posto Individual en Cadete feminino: Ariadna Díaz de 3º ESO
4º Posto Individual en Cadete feminino: Marta Fernández de 3º de ESO
Clasificándose ademais o equipo de cadete feminino ( Ariadna, Marta, Nerea Fernández, Andrea Rivera,Antía López e unha compoñente máis por determinar)
7º Posto Individual Infantil Feminino: AliciaLucía Romero
8º Posto Individual Infantil Feminino: Uxía Boado Porto.
2º Posto Individual Infantil masculino: Manuel Freire Platas
4º Posto Individual Alevín masculino: Manuel TojeiroEspiñeira.
2º Posto Individual Benjamín feminino: Claudia Caruncho Souto.
Foi unha xornada moi positiva e lúdica ademais de deportiva, onde pasámolo ben e obtivemos bos resultados.
PARABÉNS A TODOS OS NOSOS ALUMNOS/AS, CAMPEÓNS!!!!!
O día 3 de Febreiro do 2020, o Departamento de Francés a través da profesora da materia Laura (e as súas aprendices de repostería Lucía e Clara) , celebrou no centro “O día do Crepe” facendo de “Master Chef” e agasallaunos durante a mañá con deliciosos crepes feitos“in situ” (en vivo e en directo)por ela, con ingredientes 100% naturais, e recheos de plátano e chocolate, promocionando ademais hábitos saudables de alimentación e facéndonos máis agradable e doce a xornada ademais de darnos a coñecer aspectos da cultura francesa.
25-30 XANEIRO 2020 O noso alumnado da ESO, xunto cos profesores Manuel ( Tecnoloxía Secundaría ) e Ruth ( Educación Física Primaria), viaxaron o sábado 25 de xaneiro ata Andorra , á estación de esquí Grandvalira en Soldeu, que é a estación máis grande dos Pirineos e do sur de Europa, situada o este de Andorra, con 210 km formados por 138 pistas, para pasar unha estupenda semana esquiando. Durante a súa estadía, ademais de pasar os días esquiando, rodeados dunha paixaxe espectacular no Principado de Andorra, tamén disfrutaron dun día de relaxación no “Balneario de Caldea”. Sen dúbida, foi unha experiencia inolvidable, para repetir en próximos anos.