Skip to Content

Educación física

Xornada de fútbol sala

As alumnas de secundaria do CPI Virxe da Cela participarán nunha liga escolar de fútbol sala enmarcada dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), que lle brindará a oportunidade de practicar coñecer e competir con rapazas doutros centros.

A primeira xornada tivo lugar o día 19 de xaneiro no Polideportivo Municipal de Monfero, disputáronse un total de 13 partidos e contou coa participación dos centros de Betanzos, Miño, Pontedeume e Mugardos e Mugardos. 

A xornada foi un éxito de participación, pasámolo ben, coñecemos xente nova e melloramos a nosa condición física saudable! 

 

 

A segunda xornada desenvolveuse durante o mes de marzo nos pavillóns de Monfero e Irixoa. Cada vez participan máis rapazas!!!

O noso equipo cadete conseguiu impoñerse na final as rapazas de Betanzos. NORABOA!

Campo a través

O centro CPI Virxe da Cela actúa como anfritrión no campionado comarcal de campo a través escolar do programa XOGADE. Participou o alumnado de Educación Primaria e Secundaria do noso e doutros centros da contorna, relizando un circuito con diferentes distancias en función da categoría, pero que en tódolos casos remataba no campod e fútbol do Xestal.

As condicións climáticas acompañaron favorablemente e gozamos dunha mañá de deporte entre amigos. 

Tres alumn@s do centro clasificaron para o campionato autonómico que tivo lugar en Porto do Son, ao que foron acompañados pola profesora Ruth.

Actividades deportivas do concello

Coma tódolos anos o Concello de Monfero ofertar unha ampla gama de actividades deportivas. Anímate a pasalo ben, practicar deporte e facer amig@s coas seguinte actividades.

Escalada 2024

Dentro da programación de Educación Física de Primaria e Secundaria, fixemos una actividade conxunta, enmarcada nas unidades didácticas de “Actividades e deportes no medio natural”, con diferentes cursos. Esta actividade está enmarcada dentro da campaña de Escalada na Escola que AMI realizou en colaboración coa Deputación da Coruña.

A actividade foi realizada no rocódromo de Riazor na provincia da Coruña, e foi impartida por persoal especializado de AMI ( asociación de montañeiros independentes). Na mencionada actividade participaron os alumnos de 5º e 6º Educación Primaria e 1º e 2º ESO do noso centro.

A duración da mesma, foi de dúas horas , una delas teórica, sobre contidos dos deportes de risco e actividades na natureza diversos: material, seguridade, especialidades, técnica, etc, e outra práctica , onde os rapaces e rapazas e tamén as profesoras, ascenderon experimentando a escalada en parede vertical. A experiencia foi moi positiva, coa participación total de todo o alumnado, repetindo moitos dos alumnos/as varias veces a actividade e mostrando un bo comportamento na execución da mesma. Descubrimos por outro lado, que temos verdadeiras escaladoras e escaladores, que mostraron gran habilidade técnica na ascensión!. Parabéns a todos/as!

 

Como novidade este ano estreamos as novas instalacións do Rócodromo de Riazor, que foi renovado completamente durante o pasado ano, e puidemos difrutar da modalidade de "escaladar en boulder".

 

Recreos e gardas activas en Monfero

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela participa está decido a aumentar o volume da actividade física semanal do noso alumnado. Para utilizaremos 4 dinámicas para que o alumnado fomentar a practica de actividade física nos alumn@s que aínda non fan deporte.

-Material variado na sala de profes para que se poida solicitar nos recreos e gardas (pin pong, balóns, frisbee e aros).

-Durante o segundo trimestre o alumnado de 4º da ESO levou a cabo unha liga interna de 6 equipos que contou cunha participación do 82% do alumnado da ESO. Os equipo foron mixtos e con alumnos de todos os cursos.

-Os alumnos do 3º-4º  (ultimate, basket e fútbol) e 5º- 6º (basket, fútbol e rugby)  de EP organizaron unha liga de baloncesto nos recreos. O alumnada de 5º e 6º participará nunha competición de ciclismo.

-Coa axuda do profesor de EF durante os dous primeiros trimestres levaronse a cabo sesións de tecnificación de fútbol sala para que as rapazas aumentaran a súa competencia de cara a práctica autónona no terceiro trimestre.

 

 

NORMATIVA DE USO DO MATERIAL DEPORTIVO-RECREATIVO  PARA AS HORAS DE LECER 

 

1.     O material deportivo- recreativo estará a disposición de tódalas/os alumnas/os do centro, para o uso e desfrute nas horas de lecer dos recreos / de 11:30-12:00 para Primaria e 12:15-12:35 para secundaria ( no caso de secundaria, poderán facer tamén uso nas horas de lecer de despois de xantar).

2.     Este material foi mercado polo Departamento de E. Física e  a materia de Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, dentro do Proxecto de vida activa e deportiva do centro e o fomento de “Hábitos de vida activa e saudable” con a idea de facilitarlle o alumnado opcións variadas de ocio e deporte, para aproveitar de xeito activo o tempo de lecer, para pasalo ben, xogar cos compañeiros/as e coñecer actividades físico- deportivas diferentes

3.     Todo o material poderá ser usado por Primaria e Secundaria, xa que os recreos non coinciden. 

4.     O material se poderá atopar nun espazo destinado para el, chamado “ZONA DE LECER ACTIVO: MOVETE CON FUNDAMENTO”, situada a carón das portas de saída de Secundaria ( o lado da Sala de profesoras/es), onde tamén estarán situados os cuadrantes de prestamos onde os alumnos/as colaboradores, apuntarán incidencias e nomes de préstamo

5.     Para empregalo , ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE SE PODERÁ FACER, A TRAVÉS DE SOLICITARLLO OS ALUMNO/AS RESPONSABLES DO MESMO ( NON A NINGÚN PROFESOR OU OUTRO ALUMNO), que son os que concederán o permiso e aos que haberá que devolvelo. Polo que, ningún alumno/a poderá coller o material sen a comunicación e permiso de ditos alumnos.

6.     O material de Infantil, só o poderá usar infantil e corresponderalle ás profesoras/es o adxudicalo.

 
7.     Os alumnos/as responsables, en caso de solicitar varios alumnos un mesmo material, concederán por orde de chegada dito material, e controlarán o tempo de xogo, para poder desfrutar todos, e só lles corresponde a elas/eles conceder ou non e como, o material.

 
8.     O-As alumnos/as que pida calquera material, son os mesmos que teñen que devolvelos , e non o poden prestar ou deixar a outros, sen comunicarllo os alumnos/as responsables. Así mesmo, o material, deberá quedar recollido, tal como se atopou, ( non deixalo no patio, ou fora das caixas, ou pezas soltas, etc)

 
9.     As alumnas/os que soliciten material para xogar no recreo, son responsables do seu uso adecuado e si dito material sofre algún dano por mal comportamento ou mal uso( emprego inadecuado, golpes, etc), SERÁN RESPONSABLES  DE PAGAR UN NOVO E TENDRÁN UNHA SANCIÓN O RESPECTO DO DANO OCASIONADO, ASÍ COMO NON PODERÁN VOLTAR A UTILIZALO ATA NOVO AVISO.

10.  Calquera dubida, preguntar os alumnos responsables ou a profe de E. Física de Secundaria.

11. E UN MATERIAL DE TODOS E PARA TODOS, TENDO A SORTE DE QUE O NOSO CENTRO NOS FACILITE DISPOÑER DEL, ASÍ QUE  XOGUEMOS ATOPANDO NOVAS FORMAS DE APROVEITAR O NOSO LECER, PASEMOLO BEN E RESPETEMONOS E RESPETEMOLO.

¡¡¡¡ DESFRUTADE!!!!

Semana do deporte

Do 25 Setembro – 29 Setembro celebramos a semana Europea do Deporte. Unha actividade que será organizada e coordinada pola profesora de EF de primaria (Ruth). A semana terá diferentes actividades que rematarán nunha xornada enteira de actividades deportivas para todo o alumnado do centro (E.I.+E.P.+E.S.O.), facendo o tempo de lecer para as 3 etapas de 11:50 a 12:20 e respetando os horarios habituais para o xantar de cada etapa.

O desenvolvemento de ditas actividades será o seguinte:

*10:00 a 10:15à Actividade grupal de baile na zoa de árbores. (Si fai mal tempo farémolo no patio cuberto).

*10:15 a 10:30à Organización en grupos do alumnado para realizar as diferentes estacións e traslado á primeira estación.

*10:30 a 10:50à 1ª Estación

(10:50 a 11:00): Filas+ traslados + explicación nova estación.

*11:00 a 11:20à 2ª Estación

(11:20 a 11:30): Filas+ traslados + explicación nova estación.

*11:30 a 11:50à 3ª Estación

(11:50 a 12:20) Almorzo + descanso

 (12:20 a 12:30)à Filas+ traslados + explicación nova estación.

*12:30 a 12:50à4ª Estación

(12:50 a 13:00): Filas+ traslados + explicación nova estación.

*(13:00 a 13:20): 5ª Estación

(13:20 a 13:30): Filas+ traslados + explicación nova estación.

*(13:30 a 13:50): 6ª Estación

(13:50 a 14:00): Filas+ traslados + explicación nova estación.

*(14:00 a 14:20): 7ª Estación

(14:20 a 14:30): Filas+ traslados + Reunión na zoa de árbores (Si fai mal tempo farémolo no patio cuberto).

*(14:30 a 14:45): Yoga grupal + Aseo de mans para xantar.

Reto KM saudables en MONFERO

Este ano contamos no noso centro cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ten por obxectivo fomentar estilos de vida saudables mediante a realización de andainas, carreiras e saídas na bicicleta.

EN QUE CONSISTE?

Realizaremos 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de un determinado número de quilómetros correspondente as diferentes etapas do camiño.

1º RETO: Dende o 27 de setembro o 10 de decembro. Cada un de nós deberemos acadar unha distancia de 50km percorridos.

2º RETO: Dende o 1 de xaneiro ata o 15 de marzo. Cada un de nós deberemos acadar unha distancia de 50km percorridos.

3º RETO: Dende o 20 de marzo ata o 20 de xuño. Cada un de nós deberemos acadar unha distancia de 50km percorridos.

Unha vez acadados os retos individuais podemos seguir facendo quilómetros para intentar ser a persoa máis activado. Ademais, este proxecto ten un importante carácter cooperativo, xa que cada metro que fagamos servirá para acadar diferente retos colectivos que explicaremos a continuación:

RETO “A clase máis activa” Sumaremos a distancia acadada por tódolos alumnos da clase para ver cal é a máis activa, e competiremos contra os profes e as familias.

RETO “Roma” Sumaremos a distancia acadada por toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela (alumnado, profes e familiares) para intentar chegar a Roma no primeiro trimestre (1450).

Escalada 2024

SEMANA EUROPEA DO DEPORTE

Do 23 Setembro – 27 Setembro celebramos a semana Europea do Deporte. Unha actividade que será organizada e coordinada pola profesora de EF de primaria (Ruth). A semana terá diferentes actividades que rematarán nunha xornada enteira de actividades deportivas para todo o alumnado do centro (E.I.+E.P.+E.S.O.), facendo o tempo de lecer para as 3 etapas de 11:50 a 12:20 e respetando os horarios habituais para o xantar de cada etapa.

https://www.youtube.com/watch?v=ylYDC7yeyns

3ª Xornada da liga de fútbol sala feminino

O día 20 xuño as alumnas do CPI Virxe da Cela viaxan a Pontedeume a participar na derradeira xornada da Liga de Fútbol sala 2023. Nesta ocasión imos acompañados polos alumnos de 3º e 4º da ESO que disputarán 2 amistosos contra os alumnos de Pontedeume.

Os horarios son os seguintes:

Saída Xestal: 10:30

Chegada Pontedeume 11:00

Partido Infantil 11:14 -11:26

Partido 3º ESO masculino 11:28-11:42

Partido 4º ESO masculino 11:44- 11:58

Partido Cadete 12:00 – 12:14

Saída Pondeume 13:00

Chegada Xestal 13:30

Distribuir contido


by Dr. Radut