Skip to Content

Xornada de portas abertas

As xornadas de portas abertas terán lugar o vindeiro mércores 6 de marzo ás 12:00 horas.

Deixámosvos aquí o tríptico de benvida ao noso centro!!

Xornada de portas abertas

Terceiro premio nos Premios Innovagal

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero acaba de recibir un dos galardóns dos Premios Innovagal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta. Trátase dunha iniciativa que procura "poñer en valor a labor dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos innovadores para dar resposta ás necesidades particulares do seu alumnado. Grazas ao proxecto "MonferoSolidario", o noso centro alzouse co terceiro premio nunha das categorías, dotado con 3.000 euros e unha distinción durante catro cursos escolares. Podedes ler a noticia ao completo no seguinte enlace.

Semana de entroido - O Meco mada que...

Xa está aquí o entroido do CPI Virxe da Cela, e como non podía ser doutra maneira, aquí están os mandatos do Meco para esta semana tan especial!!

Semana de entroido - O Meco mada que...

Festival de Nadal 2023!

Este xoves 21 de decembro celebramos un ano máis o festival de Nadal.

Comezamos este marabilloso día coa visita de Inmaculada, gran traballadora que dedica moito tempo e cariño ao nosos amigos máis peludiños, desde a protectora de animais APADAN.

Como cada ano,  quixemos axudar cun mercadiño solidario, onde os nenos e nenas crearon infinitas manualidades como adornos navideños, colgadores para as chaves e moitas cousas máis. Tivemos a sorte de contar tamén co material proporcionado por APADAN, como calendarios, camisetas, chapas, ...

Grazas a este traballo e á colaboración das familias e profesorado conseguimos, ao mercar tantos agasallos, recaudar 823,60€, destinados íntegramente a APADAN. Esperamos que estos animaliños pasen unhas mellores festas de Nadal e dende o CPIP Virxe da Cela, animámosvos a adoptar.

Sen máis dilación, xa tedes aquí todas as actuacións para que poidades velas de novo con máis tranquilidade e para todas esas persoas que non puideron asistir. Esperamos que vos guste o noso traballo que foi feito con moito cariño e esforzo.

Gozade vendo os fabulosos bailes, as marabillosas obras de teatro e as fantásticas panxoliñas, tanto coma nós gozamos facéndoas.

 

1. VÍDEO PRESENTACIÓN.

2. BAILE EDUCACIÓN INFANTIL - PESADELO ANTES DE NADAL. (BAILE)

3. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA - RUDOLF O RENO. (BAILE)

4. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - LOTERÍA DE NADAL. (OBRA DE TEATRO)

5. 2º EDUCACIÓN SECUNDARIA - ARTURO EN NADAL. (BAILE)

6. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - CRÓNICAS DE NADAL. (BAILE)

7. 1º + 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - PAÍS DA FANTASÍA (PANXOLIÑA)

8. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA - O GRINCH. (BAILE)

9. 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - O ELFO. (BAILE)

10. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - FOGARES DE NADAL. (OBRA DE TEATRO)

11. 1º EDUCACIÓN SECUNDARIA - FROZEN. (BAILE)

12. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - REIS VS SANTA.(BAILE)

13. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - NOITEBOA PANAMEÑA. (PANXOLIÑA)

14. 3º + 4º EDUCACIÓN SECUNDARIA - SÓ EN CASA. (BAILE)

15. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - CONTO DE NADAL. (BAILE)

 

Ademais destas incribles actuacións, fixemos un concurso de imaxes de Nadal onde todo o alumnado recibiu un diploma por participar, xa que fixeron un traballo moi bonito.

Pero a clase gañadora deste ano foi: 4º Educación Infantil!!! Parabéns ao alumnado e a súa mestre. Queredes ver estas obras de arte? So tedes que facer click aquí

E xa por último, rematamos este magnífico festival coa chegada das nosas Maxestades os Reis Magos. Lembrade: Hai que portarse ben que Papá Noel mais Eles están a botar unha ollada a todo o que facemos. 

 

                                                     FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!

Bono deporte

O alumnado de 2º da Ed. Primaria a 4º da ESO por estar inscrito no programa Xogade (en colaboración co Concello) pode acollerse ao Bono deporte ofertado pola Xunta.  

Dentro do Bono entra a compra de material e equipamento deportivo para o menor ou contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva. Cada bono terá un valor de 120 e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal así, como toda a información da convocatoría.

A descarga polas persoas beneficiarias será desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro de 2024.

 

 

Educar en positivo: desenvolvemento de habilidades para a vida

Achegámosvos información sobre o obradoiro titulado "Educar en positivo, desenvolvemento de habilidades para a vida" dirixido ás familias do alumnado do CPI Virxe da Cela. A primeira sesión terá lugar o martes 28 de novembro. Animádevos a participar!!

Educar en positivo: desenvolvemento de habilidades para a vida

Visita a Burgos e Atapuerca do alumnado da ESO

O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela de Monfero tivo a oportunidade de descubrir un dos lugares máis importantes a nivel mundial en canto a estudos de evolución humana se refire. No Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX) e no Paleolítico Vivo, tivemos a oportunidade de familiarizarnos coa vida do Paleolítico, e mesmo tivemos a oportunidade de descubrir algunha das especies de animais que habitarían a Península Ibérica naqueles tempos.

Nos xacementos de Atapuerca e no Museo da Evolución Humana descubrimos, entre outras cousas, os restos máis antigos de homínidos que se teñen atopado ata o de agora en Europa, con unha idade de 1.300.000 anos. Para completar a viaxe, visitamos tamén a catedral de Burgos, primeira catedral gótica da Península Ibérica.

Para máis información, podedes visitar o blog do departamento de Ciencias Naturais.

 

 

RTV Enxebre pola participación infantil

Desde a Fundación Ayuda en Acción achegáronnos algunhas das reflexións e propostas que fixo o alumnado de 5º de Educación Primaria e, que queren transmitir ao conxunto da Comunidade educativa, sobre un tema que lles preocupa: a conciliación familiar.
Foron froito dun proceso de traballo de participación infantil e para levalas a cabo contaron coa colaboración de toda a comunidade educativa do centro e co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e da Fundación "la Caixa", a través da dinamización da radio escolar.
Así, esperamos que este traballo de investigación integral e de tanto esforzo por parte das nenas e nenos de 5º de EP  poda ser tomado en consideración, así como que as súas propostas e preocupacións podan ter resposta pola súa parte.

 

Carta do alumnado do CPI Virxe da Cela

CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut