Atendendo ás instrucións facilitadas pola Consellería, debemos avaliar o segundo trimestre coa información dispoñible ata o día 13 de marzo, día no que se interromperon as clases presenciais.
Lembrámoslles que a avaliación ten carácter continuo e, aínda que durante o período de suspensión se mantiveron as actividades educativas a través das modalidades a distancia e “on line”, estas non son avaliables para a determinación das cualificacións desta segunda avaliación.
Así mesmo, comunicámoslles que o venres 3 de abril publicaranse ditas cualificacións ao longo da mañá. Para poder acceder ao boletín, é necesario dispor do servizo abalarMóbil (aplicación que conta coa información académica do alumnado).
Recomendamos que os pais/nais/titores legais instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación Abalar Móbil para recibir as cualificacións e mensaxes do centro. Pode instalarse aquí.