Skip to Content

OS NENOS DE INFANTIL MOSTRAN COMO FACER A RCP

Os nenos e nenas de Educacíón Infantil do Colexio Virxe da Cela, en Monfero, mostran o que aprenderon nas clases de Educación Física: Salvar vidas!! 

XI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2019. CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis, e xa van 11, celebramos o rastro solidario no noso cole. Unha actividade que se fai grazas ao traballo das profesoras Yolanda e Verónica, ca colaboración de toda a comunidade educativa. Neste vídeo podedes facervos unha idea do que foi este día:

 

TÉCNICAS DE ESTUDO: AXUDAR AOS VOSOS/AS FILLOS/AS

TÉCNICAS DE ESTUDO: AXUDAR AOS VOSOS/AS FILLOS/AS

   Actividade organizada polo Departamento de Orientación. Para completar a formación en técnicas de estudo que no mes de febreiro comezamos co alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, o venres 15 de marzo, Belén Sanmartín volveu ao CPI Virxe da Cela para contarlles ás familias as técnicas de estudo que traballara co alumnado. O papel das familias non é coñecer todas esas técnicas e estratexias, senón que é a de animar, acompañar e supervisar. Entre outras moitas cuestións, a pedagoga Belén Sanmartín concluíu que as familias ante o estudo dos seus fillos e fillas: 

1. Deben ser dialogantes pero non consentidoras.

2. Dicirlles exactamente o que deben facer e o que non cando lles pedimos algo.
3. Propoñer metas e esforzos realistas.
4. Delegar nos fillos e fillas a responsabilidade con respecto aos estudos.
5. Delegar tamén certas responsabilidades no fogar.
6. Promover hábitos saudables: sono, alimentación e exercicio físico, así como un ambiente de estudo adecuado.

 “Unha información que non esta organizada non se pode estudar

 

 

 

 

 

 

Chegou o entroido¡¡¡

O Entroido invade a nosa escola como unha ráfaga de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. O escenario deu cabida á exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os máis pequenos ata os máis maiores incluindo aos profes que nos deleitaron cunha estupenda exhibición de baile. E despois do estectáculo rematamos degustando un chocolate quentiño acompañado de rosquillas, churros e orellas.
 
Agora a gozar destas mini vacacións e....que VIVA O ENTROIDO!!!

 

 

 

Congreso Educa 2019

 
 

 

      O 22 de febreiro unha representación do alumnado de 3º e 5º de primaria, acompañado de Carmen Espiñeira (titora de 5º EP) e Magú (orientadora), presentaron unha comunicación no II Congreso Mundial de Educación. EDUCA 2019, que se organizou na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
 
 
 
 
 A comunicación levaba o título “A implementación do Programa TEI na etapa de Educación Primaria”. O alumnado titor cos seus titorandos explicaron a profesorado de moitos lugares diferentes a súa vivencia no Programa TEI: por que se anotaron como titores/as, como facer fronte a un conflito, que calidades ten que ter un titor/a e moitos aspectos máis que podedes consultar na presentación de PowerPoint. A experiencia, despois foi valorada polo alumnado como algo moi positivo, xa que, nas súas palabras, aprenderan o que é un Congreso, ao tempo que tiveron que lidiar cos seus medos e inseguridades. Aprenderon tamén que todos somos máis capaces do que pensamos, solo temos que propoñernos facer as cousas para que estas resulten. Por parte do profesorado tamén somos máis conscientes aínda de que o noso alumnado só necesita oportunidades para enfrontarse a novos retos e levalos a cabo con éxito.
 

CAMPIONATO GALEGO COMARCAL XOGADE. CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

CAMPIONATO GALEGO COMARCAL XOGADE. CARREIRAS DE  ORIENTACIÓN
CPI Virxe da Cela – O Xestal, Monfero

O Venres 8 de febreiro 2019 entre as 10:00 e 14:00 horas tivo lugar no noso cole, a proba comarcal do Campionato Galego de Carreiras de Orientación, do programa Xogade, no que o noso cole está inscrito.

A proba, que está enmarcada dentro do Plan Proxecta, no programa de Xogade, no que o noso centro participa a través do Departamento de E. Física de Secundaria, foi organizada pola Federación Galega de Orientación e o responsable de Deportes do Axuntamento de Monfero e coa colaboración inestimable Departamento de C. Naturais a través, do profesor David Casado que é membro da Federación Galega de Orientación, e coa colaboración do Departamento de E. Física de Secundaria
Na proba, ademais do noso cole, tamén participaron o IES AS Mariñas e IES Fragas do Eume.
A competición realizouse polos terreos anexos ao centro, na modalidade en liña, é dicir os participantes deberán facer o percorrido na orde establecida, e picando todos os controis, utilizando un mapa con escala: 1:5000 e equidistancia : 5 m..O percorrido transcorreu usando parte dunha ampla pista forestal, pequenas sendas e prados.

A saída foi libre, sen horario establecido, e o camiño da saída estivo sinalizado con cintas, situado a 200 metros do pavillón A meta pechouse as 13:30 horas.

Os colexios e institutos participantes se concentraron no Pavillón polideportivo.

A clasificación foi: 

Individual: Segundo o tempo de chegada dos participantes co percorrido completo.

Equipos: Os tres mellores clasificados de cada equipo recibirán unha puntuación segundo o seu
posto. O equipo con menos puntuación quedará clasificado en 1º lugar (no caso de non ter
participantes nesa categoría tomarán para a clasificación a puntuación do posto máis baixo do
participante que puntúa para calquera equipo, multiplicado por 3).

 

 

 

Neste aspecto temos que resaltar o bo posto acadado en Cadete feminino e masculino por: Candela Peña de 4º de ESO (1º CLASIFICADA) e Rubén Caínzos tamén de 4º de ESO. (3º CLASIFICADO). PARABENS!!!!!. para eles e para os alumnos/as que mostraron o seu esforzo.
En definitiva, unha xornada lúdico-deportiva para experimentar actividades o aire libre e compartir con outros coles e institutos unha xornada diferente e divertida.

CONSULTAR CLASIFICACIÓN

 

 

 

 

 

 

CHARLA PARA AS FAMILIAS: A escola inclusiva: vivindo co síndrome de Asperger

A escola inclusiva: vivindo co síndrome de Asperger

O martes 26 de febreiro invitámosvos a participar nunha charla informativa sobre o síndrome de Asperger que será impartido por persoal da Asociación galega ASPERGA.

Horario: 19:00 h.
Lugar: Aula Usos Múltiples

Logotipo

13 de febreiro, DÍA DA RADIO

 

O pasado venres 8 de febreiro os nenos de quinto de primaria do CPI Virxe da Cela foron de visita ao CEIP Barouta no concello de Ames.
Alí realizaron un programa de radio xunto con outros 10 nenos de dito centro, para conmemorar o Día da Radio, que se celebra en todo o mundo o 13 de febreiro.
 
Neste programa de radio entrevistaron a Gorka Zumeta, famoso xornalista e fotógrafo, e tamén  entrevistaron a Nazaret López, xornalista de Radio Ames.

Para o noso alumnado foi unha experiencia moi importante porque por primeira vez tiveron contacto cun estudo de radio real emitindo en directo por Radio Ames. Ademais  compartiron a experiencia radiofónica con outros nenos e nenas que tamén fan radio no seu cole..

Posteriormente, o mesmo día 13, Sergio Pascual, o noso profesor de radio, mantivo unha conversación con Carles Francino sobre o proxecto de radio CPI Virxe da Cela no programa “La Ventana” da Cadena SER. Neste programa emitiuse tamén a entrevista que os nosos pequenos reporteiros fixeron a Gorka Zumeta, responsable de “La Ventana” no pasado.

 

 

Anxo Fariña no CPI Virxe da Cela

 

 

Este luns 4 de febreiro tivemos o enorme priviliexo de ter connosco a Anxo Fariña. Ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís. A súa obra máis coñecida é a colección de Os Megatoxos, pero tamén é autor das coleccións:
•  Antón e Pompón.
•  Don Quixote e Breogán.
•  As linguas dos animais.
•  O pelelliño …
•  A Monstroescola.
•  Gliz, o pastor de nubes.
Ademais doutras obras soltas, guías de viaxes e libros de texto.

Mirar as caras do noso alumnado xa nos di como acolleron a súa visita. Ollos abertos como pratos para non perderse nada, miradas que ían máis aló do que Anxo nos contaba, quizais soñando xa en vivir as aventuras dos Megatoxos, eses rapaces con poderes especiais..., quizá... vai ti saber...! e se o día de mañá son capaz eu de escribir un libro ou mesmo ilustrar os de outro autor?

Xa vimos como nacen os libros... nacen dunha idea que vai medrando día a día, que ás veces para de crecer e ten que durmir nun caixón durante un tempo ata que está madura.... pero o escritor ten que seguir traballando, vivindo e observando a realidade da que saca as súas historias. Todas esas observacións as garda nunha pequena libreta no seu bolsillo. E sabedes como as plasma Anxo Fariña? Maiormente sen palabras. Ser ilustrador permítelle ter un mundo de debuxos que co tempo se transformarán nun libro.

Foi unha tarde máxica na que Anxo nos deixou un fermoso agasallo... o retrato dun alumno que ficará por anos nun lugar privilexiado do cole: a nosa biblioteca. Pero o máis importante foron as risas e a imaxinación que despertou en nós... Moitas grazas, Anxo... xa te estamos esperando de novo... Non tardes tanto!!!

Por certo, se queredes coñecer algo máis do noso invitado por que non facedes unha pequena viaxe á súa páxina web?


http://www.anxofarina.com/blog/


 
 

 

DÍA DA PAZ

Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia   

          

Distribuir contido


by Dr. Radut