Skip to Content

Prazo formalización matrícula novo alumnado de Educación Infantil e Primaria curso 2023-2024

O prazo oficial para formalizar a matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria do curso 2023/2024 vai dende o 20 de xuño ata o 30 de xuño de 2023.

As datas de atención preferente son:

- Para o novo alumnado de infantil: Martes 20 de xuño

- Para o novo alumnado de primaria: Mércores 21 e Xoves 22 de xuño

 

A documentación que deberán achegar é:

- Fotocopia do libro de familia do alumno/a

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a

- 2 fotos tamaño carnet do alumno/a

- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar unha copia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor

 

A documentación xa achegada no momento da reserva non hai que voltar a traela.

Tamén deberán achegar os seguintes impresos cubertos:

 O impreso de formalización de matrícula (ficheiro adxunto "Formalización matrícula Infantil e Primaria")

 O impreso de paradas de autobus (ficheiro adxunto "Cuestionario paradas de autobús 2023-24")

 

 

Horario Secretaría de atención ao público no mes de xuño: De 8:50 a 14:10 horas.

 

 

 

Vacantes curso 2023-2024

Saída do alumnado de 3º de ESO para ver a exposición de Francisco Leiro

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> Saída 3º ESO: Exposición Francisco Leiro

Toural Diverso: Actividades do alumnado

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> Toural Diverso

Magosto 3 de novembro de 2022

O xoves 3 de novembro tivemos a sorte de poder desfrutar dunhas castañas riquísimas e de xogos tradicionais. Os xogos foron organizados grazas aos docentes de Educación Física de Primaria e Secundaria. Grazas por este rato tan divertido!!!

Premendo nas fotos podedes revivir algún dos momentos do día!

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> Magosto 22- 23

Visita de residentes da residencia de maiores de Vilaboa ao noso alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

Un grupo de residentes da residencia de maiores de Vilaboa fíxolle un regalo ao noso alumnado de 1º e 2º de Educación primaria nunha visita para para celebrar o Samaín.

Mirade canto desfrutaron!

 

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> Visita maiores residencia con 1º e 2º de Primaria

Visita do alumnado de 4º de ESO á feira Edugal

O noso alumnado de 4º de ESO tivo a sote de poder visitar Edugal. Esta visita foi organizada polo departamento de Orientación do centro.

Esperamos que lles fora unha visita proveitosa!!

Podes premer nas imaxes para ver máis fotografías.

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> Visita Edugal

Visita do alumnado de 6º de Educación Primaria ao Forno da Cal

O alumnado de 6º de Educación Primaria puido visitar o 26 de outubro o Forno da Cal invitados polo Concello de Vilaboa. O Forno da Cal foi redescuberto grazas ao traballo realizado por docentes e alumnado do CPI do Toural e posto en valor, a partires dese momento, polo Museo Etnográfico de Ribadavia que fixo un traballo de recompilación histórica.

Mirade nas fotos a visita e o "antes" da rehabilitación do Forno.

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> 6º EP Visita Forno da Cal de Vilaboa

Día Internacional do Sorriso: 7 de outubro de 2022

Para celebrar o Día Internacional do Sorriso, o departamento de actividades Extraescolares e Complementarias, proxuso esta actividade na que participaron todos os grupos do centro. Premede na imaxe e veredes o fantástico resultado!

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> Día do Sorriso 22 - 23

Eleccións Consello Escolar

O sorteo público para a elección da Xunta Electoral terá lugar o vindeiro venres 28 de outubro as 10:30 horas na biblioteca do centro.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

No DOG do 14 de outubro de 2022, a Xunta publicou unha resolución pola cal as persoas que resultaron beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50 €, recibirán outro vale adicional de 25 €.

As familias beneficiarias NON teñen que facer ningún trámite para solicitalo e poden pasar a  recoller o vale de 25 €  a partir do martes 18 de outubro na secretaría do centro en horario de 8:50 a 14:15 horas.

Fondo libros e vales material escolar do alumnado que cursará ESO e Primaria no curso 2022/2023

Xa están publicadas as listaxes provisionais da adxudicación do fondo libros de texto do alumnado de Primaria no taboleiro interior do centro ou na  web https://www.edu.xunta.es/fondolibros no apartado cidadán (So para solicitudes por sede electrónica)
 
As listaxes definitivas publicaranse o 22 de xullo. 
 
 
Poden pasar a recoller os vales de material na Secretaría do CPI do Toural dende o martes 12 de xullo de 2022 ata o mércores 27 de xullo en horario de  9:15 a 13:45 horas.
 

Libros de texto Primaria e ESO curso 2022-23

Relación de libros de texto de Primaria e ESO para o vindeiro curso 2022-23.

Nota: Ata o comezo do curso, recoméndase non mercar ningún libro de 3º e 4º de Primaria.

Axudas Libros de Texto e Material para o curso 2022-2023

 Comunícase ás nais e pais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2022-2023 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 18 maio 2022).

.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As familias dispoñen de prazo ata o 22 de xuño de 2022 para presentar as correspondentes solicitudes.

Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2022/2023

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022-2023 foi admitido.

Poden consultar a listaxe no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace.

 Vilaboa, 9 de maio de 2021

Listaxe provisional do alumnado admitido para o curso 2022/2023

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022-2023 foi admitido.

Poden consultar a listaxe no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace.

PROGRAMA ERASMUS +: Somos os anfitrións!!

Dentro do proxecto KA229 "Learning for my future" dos programas ERASMUS+, o CPI do Toural é, agora, o centro anfitrión:
Este pasado domingo, recibimos ás delegacións de Romanía, República Checa e Lituania.
Un total de 21 alumnos e alumnas e 9 profesoras destas nacionalidades pasarán a semana compartindo, clases, obradoiros e saídas co alumnado de Vilaboa.
Ademais de asistir a unha clase de ciencia, xeografía e historia ou tecnoloxía, están previstas diferentes visitas culturais: ruta guiada pola Pontevedra monumental, visita á Ría de Arousa con parada no Grove,  para coñecer o ecosistema da zona e o cultivo do mexillón en bateas, a Lanzada e Combarro, visita ao Castelo de Soutomaior e o vindeiro xoves pasarán o día en Santiago de Compostela con paseo polo seu casco histórico e subida ás cubertas da catedral.
O alumnado participante tamén contará con diferentes obradoiros: elaboración de xabóns, encadernación xaponesa, estampado sobre tea, ou prácticas de como facer unha reanimación CPR.
A semana rematará cunha mostra da nosa cultura ofrecida polo alumnado de Vilaboa: o baile tradicional do Entroido de Cobres, coas Madamas e Galáns e a música das nosas pandeireteiras.
O acto final será a lectura dun manifesto pola paz en repulsa polo conflito bélico que está a sufrir o pobo de Ucraína.
Este proxecto finalizará no mes de maio coa última mobilidade do alumnado de Vilaboa que visitará, nesta ocasión, Lituania.

Álbum: CURSO 2021 - 2022 -> Erasmus +

Bolsas para estudos postobrigatorios. Curso 22 - 23

BOLSAS DE ESTUDOS CURSO 22 - 23

Publicada a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas post-obrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO ou FP (graos medio e superior) o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.

Prazo de solicitude Bolsas MEC: do 30 de marzo ao 12 de maio.

É necesario pedir a bolsa neste prazo, aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que interesan, non se saiba o que se vai estudar ou mesmo non se saiba con seguridade se continuar estudando. Se cumpren os requisitos, é importante  facer a solicitude, poñendo os estudos máis probables e no mes de setembro poderán facerse cambios.

Aquí podedes ver todos os requisitos que hai que cumprir para ter dereito a recibir a bolsa (requisitos xerais, económicos e académicos).

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/q...

A solicitude preséntase en liña, a través da páxina web do Ministerio, onde se pode consultar toda a información. Podedes acceder dende a seguinte ligazón

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
 
Poden solicitar estas bolsas quen se vaia matricular no curso 2022/2023 en:

Apertura prazo admisión novo alumnado curso 2022-2023

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

NOVO ALUMNADO

CURSO 2022/2023

 

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O NOVO ALUMNADO COMEZA O MARTES 1 DE MARZO E REMATA O LUNS 21 DE MARZO DE 2022.

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut