Skip to Content

Axudas Libros de Texto e Material para o curso 2022-2023

 Comunícase ás nais e pais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2022-2023 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 18 maio 2022).

.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As familias dispoñen de prazo ata o 22 de xuño de 2022 para presentar as correspondentes solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Ou presencialmente, na secretaría do centro, en horario de 8:50 a 13:45 horas

BENEFICIARIOS:  Alumnado de Educación primaria, Educación secundaria e Educación especial matriculado no curso 2022/2023 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

  • Libros de texto: Alumnado de 1º , 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

       O alumnado de  1º e 2º de Educación Primaria poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 140  euros (renda per cápita inferior a 10.000 €) e 210 euros (renda per cápita inferior a 6.000 €).

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria so pode solicitar o Vale de Material xa que está implantado no centro o proxecto E-Dixgal para eses cursos.

  • Axudas de material: A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.

 

Nota: No caso de presentación electrónica faise unha solicitude por cada alumno/a e no caso de presentación presencial a solicitude é única para tódolos fillos/as admitidos no mesmo centro docente.

Os enlaces son:

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  •  Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

  • Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

             - Certificado ou volante de convivencia.

             - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do                      concello onde resida a familia.

 

  •  Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  •  Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  •  Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  •  Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  •  Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI ou NIE.
  •  Fotocopia DNI dos membros da unidade familiar (non obrigatoria, pero recomendable cando se fai a presentación da solicitude de forma presencial, para poder axilizar a tramitación da axuda)

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a un dos prexenitores e nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

COMPROBACIÓN DE DATOS: 

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta polas administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente dos  Anexos I e II e achegar unha copia dos documentos.

 DNI ou NIE de tódolos membros da unidade familiar.

 Certificado de discapacidade expedido pola Administración Autonómica.

 Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou invalidez ou equivalente de clase pasivas.

 Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.

 



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

page | by Dr. Radut