Skip to Content

Bolsas para estudos postobrigatorios. Curso 22 - 23

BOLSAS DE ESTUDOS CURSO 22 - 23

Publicada a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas post-obrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO ou FP (graos medio e superior) o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.

Prazo de solicitude Bolsas MEC: do 30 de marzo ao 12 de maio.

É necesario pedir a bolsa neste prazo, aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que interesan, non se saiba o que se vai estudar ou mesmo non se saiba con seguridade se continuar estudando. Se cumpren os requisitos, é importante  facer a solicitude, poñendo os estudos máis probables e no mes de setembro poderán facerse cambios.

Aquí podedes ver todos os requisitos que hai que cumprir para ter dereito a recibir a bolsa (requisitos xerais, económicos e académicos).

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/q...

A solicitude preséntase en liña, a través da páxina web do Ministerio, onde se pode consultar toda a información. Podedes acceder dende a seguinte ligazón

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
 
Poden solicitar estas bolsas quen se vaia matricular no curso 2022/2023 en:

  •  Primeiro e segundo curso de Bacharelato.
  •  Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  •  Ensinanzas artísticas profesionais.
  •  Ensinanzas deportivas.
  •  Estudos de idiomas en Escolas Oficiais.
  •  Ensinanzas artísticas superiores.
  •  Estudos relixiosos superiores.
  •  Estudos militares superiores.
  •  Cursos de preparación para probas de acceso á FP impartidos en centros públicos e privados concertados.
  •  Formación Profesional Básica.
  •  Ensinanzas universitarias.

Bolsas para alumnado con NEAE: aínda non sabemos o prazo, pero é posible que se adianten tamén este curso, polo que, se é o caso, lembrade solicitar o certificado de Discapacidade, e entregar no Dpto. de Orientación esta e calquera outra información actualizada.



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut