O prazo oficial para formalizar a matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria do curso 2024/2025 vai dende o 20 de xuño ata o 30 de xuño de 2024.
As datas de atención preferente serán o xoves 20 e o venres 21 de xuño de 2024.
Comunícase as nais e pais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2024-2025 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 20 de maio 2024).
Un grupo de estudiantes da ESO do C.P.I. do Toural , en Vilaboa, xunto con 22 estudantes de Secundaria do Gymnasium Raabeschule, da localidade de Braunschweig, Alemaña están participando nunha experiencia de inmersión lingüística dentro do Programa EDUexchanges durante esta última semana de maio. Trátase dun Intercambio lingüístico e cultural entre o alumnado e profesorado dos dous centros que ten como actividades principais a práctica diaria da lingua vehicular, inglés ou castelán, as actividades educativas, académicas e de carácter cultural organizadas polos centros educativos e as derivadas da convivencia coas familias de residencia en cada país.
Xa están publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024/2025
Poden consultar as listaxes no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace