Taboleiro

FONDO SOLIDARIO ESO

En arquivo adxunto achéganse as listaxe definitivas de admitidos/as e excluídos/as de Fondo Solidario en Educación Secundaria curso 2020/2021.

Os lotes de libros e cheques de material, entregaranse ao alumnado o día da súa incorporación ao centro.

DECLARACIÓN RESPONSABLE FAMILIAS

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN RESPONSABLE COVID_19

En arquivo adxunto, queda o modelo que todas as familias de alumnado do centro deben cubrir , asinar e facer chegar aos titores/as o primeiro día de clase a través dos nenos/as.

 

 

LISTAXE DE MATERIAL PARA 1º, 2º ,3º E 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Listado Libros & Material Curso 2016/2017 | CEIP TINGUARO

EN ARQUIVOS ADXUNTOS QUEDAN AS LISTAXES DE MATERIAL DOS GRUPOS DE 1º, 2º, 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. 

 

LEMBRAR A NECESIDADE DE QUE O ALUMNADO ACUDA AO CENTRO CON MÁSCARA OBRIGATORIA A PARTIR DE 6 ANOS E OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO CON ESTOXO PARA GARDALA. 

TQ MASCARILLA INFANTIL (5 uds) | TECNOL Urban

NORMAS COVID_19 CURSO 2020/2021

COVID-19:Los fallecidos suben a 641 en Galicia tras la muerte de una mujer  de 93 años – Galicia 24 Horas

Como ben sabedes o curso escolar 2020-21 preséntase como un curso ben diferente ao habitual debido ao contexto actual. A pandemia creada polo  COVID19 que se estendeu no noso país para partir do mes de marzo, afecta a todos os estamentos sociais de todos os países do mundo e evidentemente nós non somos unha excepción.

Partindo desta situación ben coñecida por todos, a Consellería de Sanidade e Educación elaboraron un estrito protocolo de funcionamento para os centros educativos que condicionará enormemente o desenvolvemento do presente curso (modificado parcialmente o pasado 31 de agosto). No CPI Luís Díaz Moreno  levamos traballando varias semanas na adaptación do centro para poder implantar o devandito protocolo da forma máis conveniente posible. O pasado martes constituíuse no noso centro educativo o “equipo  COVID”, encargado de coordinar e elaborar o noso “Plan de adaptación ao contexto  COVID” que conlevará moitos cambios no funcionamento ordinario do centro

O profesorado e persoal non docente do centro xa realizou as probas  COVID con resultado negativo para todos/as.  

Aos poucos irémosvos informando de todas as novidades que teremos no centro durante este curso que non son poucas nin fáciles, e que precisarán da colaboración e responsabilidade de toda a comunidade educativa.

Moito ánimo a todos, seguiremos informando.

EN ARQUIVO ADXUNTO QUEDA A CARTA PARA AS FAMILIAS DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA MOI IMPORTANTE CON NOVIDADES DE CARA AO NOVO CURSO E AUTOENQUISA COVID_19 PARA FACER NA CASA

COMEZA O CURSO!!!!

 
 
Comezamos un novo e extraño curso!
 
O inicio da actividade lectiva será, atendendo ás ordes da Consellería, de xeito escalonado. Así:
 
  • 10 de setembro: 4º de educación infantil (pendente período de adaptación) e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
  • 11 de setembro: 6º de infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • 16 de setembro:1º e 2º ESO
  • 17 de setembro: 3º ESO
  • 18 de setembro: 4º ESO

As familias non poden acceder ao centro para acompañar aos seus fillos/as na incorporación ao mesmo, agás para o alumnado de educación infantil que virá acompañado de un so proxenitor ata a cancela pequena.

PECHADO POR VACACIÓNS

Mascotilandia Vilaverde: ATA SETEMBRO

O CPI Luís Díaz Moreno pecha as portas por vacacións ata o vindeiro 1 de setembro. 

Moita saúde para tod@s e esperamos vervos pronto no cole...

ENTREGA LOTES DE LIBROS 3º E 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Sello De Goma Con La Palabra Importante En Lengua Italiana ...

Os días 14 e 15 de xullo de 2020, entregaranse os lotes de libros para alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria beneficiarios de FONDO SOLIDARIO para o curso 2020/2021. Deben recollelos na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00h sen necesidade de solicitar cita previa e respectando as medidas de seguridade COVID-19.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO EDUCACIÓN PRIMARIA 2020/2021

 

 

PATRICIA ALVAREZ BARON | EducaMadrid

En arquivo adxunto, achégase a listaxe definitiva de FONDO SOLIDARIO para Educación Primaria.

Os días 9 e 10 de xullo de 2020 entre as 10:00 h e 14:00 h , FARASE ENTREGA DOS LOTES DE LIBROS PARA 4º E 6º DE PRIMARIA. NON É NECESARIO PEDIR CITA , ENTREGARANSE POR ORDE DE CHEGADA E RESPECTANDO AS MEDIDAS DE SEGURIDADE COVID-19.

 

A ENTREGA DE LOTES DE LIBROS PARA 3º E 5º DE PRIMARIA FARASE EN CANTO TEÑAMOS OS LIBROS, XA QUE HAI QUE MERCALOS .

ENTREGA DE VALES 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Escuela Infantil la Estrella Convocatoria Cheque Escolar 2018-2019 ...

 

O VINDEIRO LUNS DÍA 6 DE XULLO, FARASE ENTREGA NA SECRETARÍA DO CENTRO, DOS VALES DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. NON É NECESARIO SOLICITAR CITA PREVIA PERO CÓMPRE RESPECTAR AS MEDIDAS DE SEGURIDADE COVID-19.

 

AQUELAS FAMILIAS QUE QUEIRAN REALIZAR OUTRO TRÁMITE ADMINISTRATIVO, SÍ DEBEN SOLICITAR CITA PREVIA NO TELÉFONO 982 870071.

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

ED330B – Participación en el fondo solidario de libros de texto y ...

 

Publícanse (en arquivos adxuntos) as LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS EN FONDO SOLIDARIO PARA O VINDEIRO CURSO.

Nos casos de estar excluídos, teñen ata o martes día 7 de xullo, as 14:00horas para achegar a documentación que consideren para reclamar. Chamen ao teléfono 982 870071 para pedir cita previa.

Powered by Drupal - Design by artinet