Taboleiro

SAMAÍN 2020

 

Sabíades que o SAMAÍN ten máis historia ca Halloween? Pois si! A celebración de Halloween inspirouse nesta festa celta.

Cando os celtas habitaban Galicia, o seu calendario era moi diferente do noso. O seu aninovo era o 1 de novembro, en troques do 31 de decembro. Nesta data remataba a estación da luz e comezaba a da escuridade, O INVERNO.

Esta noite, a que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, non pertencía nin a un ano nin a outro... era a súa noite máxica.

Logo chegaron os romanos e máis tarde os cristiáns e, pouco a pouco, foise cambiando a festa orixinal. Este día pasou a ser o "Día de Todos os Santos" de onde ven Halloween.

Achégase a data de celebrar o SAMAíN, desta volta estaros preparando cabazas e disfraces para a súa conmemoración no cole, pero este COVID_19 está facer que cambiemos de plans!!!

Nas seguintes ligazóns hai moitos recursos para non esquecer esta data que tanto lles gusta aos nenos/as e que podedes traballar na casa:

 https://view.genial.ly/5f9093b29bbd720d882b6538/game-samain-2020

 https://view.genial.ly/5f92d38b8df56f0cfeca9871

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2020

Seguindo a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría  Xeral de Educación e F.P, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos, no CPI Luís Díaz Moreno procederase, durante o mes de novembro, ás votacións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, renovación que afectará a:

-        

Tres membros do profesorado.

-       

Un membro do colectivo PAS

-        

Un membro do colectivo de pais/nais.

 

 

TODA A INFORMACIÓN AO RESPECTO ACHÉGASE NO ARQUIVO ADXUNTO 

AVISO DE INTERÉS ANPA

Clases de avisos | Concepto de aviso

NO APARTADO DE INFORMACIÓN DA ANPA TEÑEN COLGADAS NOVIDADES DE INTERESE PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO.

ABALAR

espazoAbalar : abalarMóbil

Abalar Móbil

 

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Prégase a todas as familias que descarguen a aplicación, pois será unha das canles de comunicación principais, xunto coa web do centro, para a comunicación do centro coas familias .

Poden visionar o seguinte vídeo e seguir uns sinxelos pasos para descargar a aplicación.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/abalarmobil

www.edu.xunta.gal/espazoAbalar

INFORMACIÓN IMPORTANTE ALUMNADO ESO

INFORMACIÓN MUY IMPORTANTE. | CEIP Valencia

En arquivo adxunto queda unha carta de información ás familias para alumnado ESO con novidades importantes para este curso 2020-21

Tamén en arquivo adxunto poden consultar a AUTO- ENQUISA COVID que deben realizar cada día antes de acudir ao centro.

Para calquera dúbida poden consultar a páxina web do centro

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidiazmoreno   

ou chamar ao 982870071

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020-2021

 

 

En arquivo adxunto queda a información das actividades extraescolares para este curso organizadas pola ANPA e o formulario para facer a inscrición.

Neste curso reduciuse o número de actividades motivado pola situación actual e tamén se reduciron os custos das mesmas, compensando o periodo de confinamento no curso pasado.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021

 

SAE crea el Plan COVID-19, un apoyo económico a la enseñanza en medios  creativos

En arquivo adxunto poden consultar o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021 NO NOSO CENTRO.

CAMBIO DATAS INCORPORACIÓN ESO CURSO 2020/21

 

A Xunta e os centros de Secundaria consensúan o adiamento do inicio do curso aos días 23, 24 e 25 de setembro

Anunciouno hoxe o conselleiro, Román Rodríguez, logo de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

 

INCORPORACIÓN:

  • Co novo calendario mantense a distribución por cursos no inicio escalonado.
  • Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO,  que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23;
  • mentres que os de 3º da ESO que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24.
  • Os estudantes de 4º da ESO, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.

GRAZAS

O Concello de Baralla, a ANPA e a Farmacia Vanesa Costa Madriñán donan ao CPI Luís Díaz Moreno un LOTE DE 400 mascarillas infantís e 140 envases de xel que se entregarán na vindeira semana ao alumnado .

 

Moitísimas grazas por colaborar con nós...

 

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

 

 

Calendario escolar - Educastur

 

Achégase en arquivo adxunto o calendario escolar  para o vindeiro curso.

Powered by Drupal - Design by artinet