slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Día da muller (8M)

Dende a Biblioteca do CPI de Cervantes, compartimos este Tik tok conmemorativo do 8M, dicindo non a calquera tipo de violencia e sabendo que a igualdade entre as persoas é o único camiño.

Que pasedes un bo día!

 

Concurso "A ventá dos soños"

 

 

 

 

Parabéns para Natalia, que gañou o concurso "A ventá dos soños", no cal se valoraban debuxos onde o alumnado tiña que plasmar o que lle gustaría ter visto a través da fiestra do seu cuarto durante o confinamento.

Trátase dun concurso solidario onde os cartos recadados irán destinados á mellora das condicións de vida en países empobrecidos.

Plan de adaptación á situación COVID19 para o curso 2020/2021

Co fin de reflectir a realidade do centro, este plan será revisado periodicamente e se se dera o caso, modificado.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Con data de 19 de maio saiu publicada no DOG a convocataria para a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e de Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e Material Escolar para o curso 2020/21. O prazo de solicitude abrangue dende o día 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020.

 

O fondo solidario está destinado ao alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de Educación

Primaria e 1º,2º,3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Pola súa parte a convocatoria

de Axudas para adquisición de Libros de Texto está dirixida ao alumnado que se matricule

durante o vindeiro curso escolar en 1º ou 2º de Educación Primaria.

 

A Axuda para a Adquisición de Material Escolar está prevista tanto para o alumnado de

Educación Primaria como  de Educación Secundaria Obrigatoria que teña una renda per cápita

inferior ou igual a 6000€, sendo compatible e independiente (aínda que se realiza

conxuntamente no mesmo impreso) coa solicitude de calquera das modalidades anteriores.

 

Nos seguintes enlaces poñemos a disposición dos posibles beneficiarios as intruccións relativas ao desenvolvemento dos distintos procedimentos, así como o modelo (Anexos I e II) que hai cumprimentar para participar.

 

 

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS ADAPTADAS CURSO 2019/20

 

 

 

Modificiación das Programacións Didácticas ao abeiro da Instrución do 27

de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa.

Acceso ao seu contido  íntegro 

 

 

Programacións ESO (Premer nas ligazóns para a súa descarga)

 

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

Segundo RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dase publicidade ao Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1- REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO 8 AO 18 DE MAIO. Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos do 11 ao 18 de maio.

 

2. NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN

 

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade. 

b) Novos prazos do proceso:

- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer