Benvidos
Curso 2022/2023!!
Dramatización radiofónica terrorífica en RADIO CASTAÑA 13:00 HORAS
Hoxe, en Radio Castaña, dramatización en directo por parte do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria!
Escoita o programa a partir das 13:00 horas, hora meiga en Cervantes.
Día de Rosalía de Castro
O día 23 de Febreiro conmemoramos o día de nacemento da nosa escritora internacional, máis revolucionaria, visionaria, feminista e comprometida:
“Eu son libre, nada pode contar a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”
A rapazada do Cpi de Cervantes traballou unha serie de poemas que plasmou nuns pétalos conformando varias flores, ademais de elaborar uns marcapáxinas con dúas das plantas escollidas do seu herbario: as rosas e o carballo, e coas que se agasallou a toda a comunidade educativa, porque febrero é o seu mes “eu nasín cando as prantas nasen”.
Día da Radio
Este luns é o Día da Radio, e desde a nosa radio, Radio Castaña, imos celebrar esta data, xunto con moitas outras radios escolares de Galicia e Portugal.
Grazas a Ponte nas Ondas, que nos convidou a formar parte desta festa, e grazas a Radio As Nogais que vai emitir o noso programa en directo.
Ás 10:30 comeza a emisión do CPI Luis Díaz Moreno, de Baralla, e a partir das 11:00, vai o programa de Radio Castaña, a radio do noso cole.
Se queredes escoitarnos, sintonizade Radio As Nogais, ou dádelle ao seguinte enlace: https://zeno.fm/radio/radio-castana-dia-da-radio/
Imos ter "Lembranzas da radio", "Entrevista a Lola de Piornedo", unha sección de ciencia "Elas son de ciencia" e outra de historia "Frecuencia inagardada".
Non deixedes de escoitarnos!