E. Física

Torneo de pimpón

Nesta semana tivemos a segunda xornada deportiva e de convivencia deste curso, no IES de Becerreá.

Parabéns ao alumnado de Primaria e da ESO polos logros e a participación nesta actividade!

E moitas grazas ao profesorado e á Xogade pola organización!

 

 

Tiro con arco

Os nenos e nenas de Cervantes xogamos a ser Robin Hood!!!Alfonso Fernández Villamiel deunos unhas clases de tiro con arco. Gustounos moito!

Podedes ver as fotos AQUÍ!

Torneo de Ping Pong

Os nenos de 5º e 6º de Primaria do CPI de Cervantes fixemos unha xuntanza co CPI de Navia de Suarna con outros coles da comarca de Ancares para realizar un torneo de Ping Pong e pasar unha xornada de convivencia!! Simultaneamente os rapaces da ESO de ambos colexios xogaron no IES de Becerreá.

Aquí poderás ver todas as fotos!!

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer