Certames
Celebramos as Letras Galegas con Toño Núñez
Esta semana celebramos as Letras Galegas cun dos nosos autores máis queridos, Toño Núñez.
Agasallounos cos seus versos, cos seus contos, cos seus cantos e coa súa agarimosa voz...
Toño, moitas grazas pola túa xenerosidade, e por esta literaria xornada!
E parabéns aos nenos e ás nenas pola súa participación no Certame Literario Darío Xohán Cabana, e parabéns especiais aos gañadores e ás gañadoras.
Neste vídeo podedes ver un resumo deste día!
Encontro co escritor Lois Pérez e Certame Literario "Darío Xohán Cabana"
Parabéns para as gañadoras do Certame Literario: Valentina (Infantil), Carla (2º Primaria), Marina (4º Primaria) e Laura (ESO).
Moitas grazas a todos e a todas pola participación!
E mandamos un agradecemento moi especial ao escritor lucense Lois Pérez! Por vir ao noso cole, por compartir con nós a súa experiencia como escritor e como lector, e por acercarnos un pouquiño máis á súa primeira novela xuvenil, A gruta da Torre.
Certame Literario "DÍA DO LIBRO"
Parabéns ás gañadoras do certame literario do Día do Libro: Nerea (Infantil), Alicia (1º de Primaria), Ainara (6º de Primaria), Patricia (1º de ESO) e Natalia (3º de ESO).
Moitas grazas a todo o alumnado por participar e moitas grazas ao Concello de Cervantes pola súa colaboración.
Certame de cabazas e relatos TERRORÍFICOS!!
Gañadores certame de cabazas:
Infantil: Sofía Rey Mon
Primaria: Higinio Rodríguez Cedrón
ESO: Iago Gómez Mouriz
Gañadores certame de relatos:
3º Primaria: Mikael Salama Morais
4º Primaria: Alejandra Orozco Calvete
5º Primaria: Carlos Comuñas García
6º Primaria: Judith Arias Martínez