slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Visita ao CIFP Politécnico e o Distrito Forestal

Este martes, o noso alumnado da ESO tivo unha visita guiada por todos os itinerarios profesionais que se imparten no CIFP Politécnico de Lugo. O Departamento de Orientación deste centro, en colaboración co do noso cole, explicounos como se organizan os diferentes ciclos formativos, como se accede aos mesmos, e que trámites son precisos para inscribirse ou matricularse. Así mesmo, mostráronnos as súas instalacións, e puidemos falar co seu profesorado, que compartiu con nós as súas experiencias e respondeu a todas as nosas dúbidas.

E outra das visitas deste día foi ao Distrito Forestal de Lugo. O seu técnico, Xabier Bruña, explicounos como se xestiona a protección do monte, e tamén nos falou dos nosos montes, os de Cervantes, que ocupan unha parte importante do concello, e son maioritariamente Montes Veciñais en Mao Común.  

Moitas grazas pola acollida, e por todos os coñecementos compartidos con nós!  

 

Certame Literario "DÍA DO LIBRO"

Parabéns ás gañadoras do certame literario do Día do Libro: Nerea (Infantil), Alicia (1º de Primaria), Ainara (6º de Primaria), Patricia (1º de ESO) e Natalia (3º de ESO).

Moitas grazas a todo o alumnado por participar  e moitas grazas ao Concello de Cervantes pola súa colaboración.  

 

 

Silverius de Ura en Cervantes

Jesús Silverio Cavia, máis coñecido polo seu nome artístico Silverius de Ura, veu ao noso cole! Foi unha delicia escoitalo! Coa súa voz, coa súa música, cos seus "estraños" instrumentos... puxo a traballar a nosa imaxinación, e levounos de viaxe a unha chea de sitios sorprendentes!

Moitas grazas a ANPA do CPI de Cervantes por traernos este concerto!   

 

Dramatización radiofónica terrorífica en RADIO CASTAÑA 13:00 HORAS

Hoxe, en Radio Castaña, dramatización en directo por parte do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria!

Escoita o programa a partir das 13:00 horas, hora meiga en Cervantes.

https://zeno.fm/radio/radio-castana-dia-da-radio/

8M

No Día Internacional da Muller, fermosa homenaxe do alumnado de Infantil e Primaria.

 

Día de Rosalía de Castro

O día 23 de Febreiro  conmemoramos o día de nacemento da nosa escritora internacional, máis revolucionaria, visionaria, feminista e comprometida:

“Eu son libre, nada pode contar a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”

A rapazada do Cpi de Cervantes traballou unha serie de poemas que plasmou nuns pétalos conformando varias  flores,  ademais de elaborar uns marcapáxinas  con dúas das plantas escollidas do seu herbario: as rosas e o carballo, e coas que se agasallou a toda a comunidade educativa, porque febrero é o seu mes “eu nasín cando as prantas nasen”.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer