[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Lingua Galega

Cantigas amorosas

Os alumnos e alumnas de 3º ESO convertéronse hai unhas semanas en trobadores e fixeron cantigas amorosas, de amor e amigo, ao xeito das cantigas medievais, que aproveitamos o Día dos narmorados para amosarvos. Picade no adxunto

Pelos na lingua

 O 2 de febreiro asistimos no Salón Teatro de Santiago á representación teatral da obra "Pelos na lingua", a cargo da compañía Talía Teatro. Con moito humor e "sen pelos na lingua" vimos retratadas moitas situacións anómalas que vivimos os galegofalantes na nosa vida diaria  e os prexuízos contra os que aínda hoxe temos que seguir loitando. Iso si, entre gargallada e gargallada, porque é unha comedia moi divertida.

Visita de Anxo Fariña

O martes 18 de xaneiro visitounos Anxo Fariña dentro do programa da Dirección Xeral de Política Lingüística "Bocaberta". Leramos o primeiro libro da colección dos Megatoxos e el impartiunos o obradoiro "Ti creas a historia". Aprendeunos a crear os elementos dunha historia, especialmente os personaxes, e animounos a enviarlle ideas sobre lugares, personaxes, obxectos máxicos, etc., que poida utilizar na súa próxima banda deseñada.


Resultou unha actividade moi divertida e deixounos impresionados coa súa facilidade para debuxar un personaxe cun par de liñas.

Distribuir contido