[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

2ºB

VIAXE AO ESPAZO.

Estivemos traballando no tema do espazo en ciencias sociais. O reto foi utilizar unha estrutura complexa. O primieiro paso foi que o grupo de expertos aprenderan  a búsqueda de información coa estrutura 1,2,4 trasmitirllo o seu grupo base. Logo elaboramos os mapas conceptuais coa aplicación Poppet LIVE e montamos os murais.

Osmos: Tangram.

Iniciamos un novo xogo co Ipad, o Tangram. Esta primeira sesión é para os nenos e nenas expertos, tiveron que aprender a manexar as pezas, a súa correcta posición, a forma de gañar puntos no nivel amarelo que representa o inicial.

Osmos: Numbers.

Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar  no seguinte nivel.

Concerto no Liceo de Noia.

O pasado 23 de marzo Infantil e Primaria fixemos unha saída ao Liceo de Noia para escoitar un concerto de percusión. Estivo xenial!

Malibú.

O 21 de marzo rivemos a visita dunh cadeliña, Malibú. Coa súa coidadora explicou aos nenos e nenas a imprortancia de coidar e valorar as nosas mascotas. Tamén deu un pasiño máis e fíxomos reflexionar sobre que os nosos actos pouco meditados teñen as súas consecuencias.

Mortadelo e Filemón.

Este ano os espías da T.I.A, Mortadelo e Filemón están de aniversario, cumpren 60 anos. En segundo de primaria queremos achegar estes divertidos persoaxes de Francisco Ibáñez o noso alumnado na realización dunha secuencia didáctica. O primeiro paso foi ir a nosa Biblioteca para saber, buscar onde están os cómics.

Xogamos a contar no Ipad (Osmos)

Esta semana presentamos os nenos e nenas os xogos de números do Play Osmos de Ipad. Creamos o noso perfil de usuarios para que cada neno e nena poida ver os seus logros e avances. Logo por quendas de doce minutos os nenos  e nenas estiveron a explotar burbullas nun divertido xogo de tres niveis. Este grupo reducido de nenos e nenas son os expertos que teran que aprender a manexar o xogo para logo explicarllo aos seus compañeiros e compañeiras da aula.

Robótica e ciencias da natureza.

Estamos a repasar e afianzar os contidos adquiridos no tema dos animais en ciencias da natureza. Elaborabomos un novo xogo no que repasan contidos como tipo de reprodución, grupos de animais, alimentación, hábitat...

Distribuir contido