[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

2ºB

OSMOS: Masterpiece.

Os nenos e nenas expertos esta semana estiveron practicando co xogo de Osmos Masterpiece que consiste en debuxar seguindo un modelo na pantalla do Ipad, en palabras dos propios nenos e nenas "era moi difícil".

Osmos: palabras.

O grupo de expertos iniciáronse nun novo xogo, Words, consiste en ir adiviñando as palabras a través de diferentes imáxenes.

Escornabot.

Para repasar e afianzar os contidos dados en ciencias da natureza elaboramos unha nova plantilla para o Escornabot. Esta vez engadimos os códigos QR que coa axuda do Ipad e a app lectora de códigos nos leva de forma sinxela a vídeos explicativos da materia, o son, a luz, as disolucións...

Mapas conceptuales.

Coa axuda dos Ipads os nenos e nenas de segundo de primaria aprenderon a facer mapas conceptuais cunha aplicación bastante sinxela, Poppet live. Cada equipo traballou un concepto: materia, luz, son e forza.  Creamos un equipo novo de expertos: Tics, escritura, mapas conceptuais e deseño e debuxo. Unha vez que o experto sabía o que tiña que facer volvía o equipo base para explicar o que aprendeu, a través de diferentes tarefas formuladas en forma de estrutura cooperativa.

As unidades, decenas e centenas.

Neste xogo os nenos e nenas compoñeran e descompoñeran diferentes cantidades podendo ser de unha, dúas ou tres cifras. A cor azul representa as unidades, a vermella as decenas e a verde as centenas.

As táboas de multiplicar.

Coa axuda das familias elaboramos estas táboas de multiplicar, os nenos e nenas teñen que ir compoñendo as súa táboa (2,3,4,5,6,7,8 e 9) dunha maneira máis divertida e lúdica.

Tangram.

Levamos unhas sesións traballlando co Tamgran dentro das aulas, os nenos e nenas expertos explicaron os seus compañeiros e compañeiras a forma de xogar, mover de forma axeitada as pezas para que se poidan ler no espello e a forma de moverse polo mapa

.

Novas, novas!

A través da aperndizaxe cooperativa os alumnos fixeron unha viaxe imaxinaria ao espazo para investigar que podemos atopar nel: fases da lúa, planteas,.. En que consiste o movemento de rotación e o de translación...etc

Distribuir contido