[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

1ºB

acuario do cabaliño de mar

O alumnado de 1ºA e 1ºB estivemos a facer o noso propio acuario. Con area de verdade e cunchas e pedriñas. Pintamos as algas e tamén os peixiños, pulpos, medusas e por suposto cabaliños de mar. Ata semella que nadan e todo!!!!

fai doble clic na 1ª foto para ver máis!!

       

1ºB XA REMATOU

Pois como xa está chegando o fin de curso, acabamos de dar por rematada a nosa pequena achega aos traballos realizados para o Contrato-Programa. Aquí tedes un pequeno resumo de todo o que realizamos e das entradas que xa fomos deixando ao longo destes días.

 

XA TEMOS PROGRAMA DE RADIO

 

Por fin... Risa e despois da visita de Alberto, da ida á rotativa d'O Correo Galego, da entrevista á nosa cociñeira e da venda de larpeiradas na nosa tenda MIMOS, obtivemos a nosa recompensa: UN PROGRAMA DE RADIO, onde o noso xornalista favorito, Alberto, nos entrevista a cada un de nós.

Escoitade, escoitade....

Recibimento aos alumnos do Sanguiñal

E logo de facer o biscoito chegaron os nosos compañeiros do Sanguiñal e entre todos zampámolo!!  Os nenos e nenas levaron de recordo un montón de debuxos que lles fixemos e uns botes de chuches!!!

Mirade, mirade. Clica na foto para ver todas as outras

 

Facemos un biscoito

Que bo estaba!!!  Esta semana a nosa mestra Ana Belén ensinounos a facer un biscoito. E para facelo, primeiro tivemos que preparar a nosa tenda, e ir mercar os ingredientes. Logo mezclalos e ao forno a cocer. Se queredes ver como foi o proceso ide a galeria

saímos no xornal

Co motivo da visita que o alumnado de 1ºB fixo ás instalacións de "El Correo Gallego", o pasado sábado 30 de maio saímos no xornal. Aquí vai a foto 

VISITA DO ALUMNADO DO SANGUIÑAL

Tenda Mimos

Na aula de 1ºB, montamos unha tenda de chuches!!!!

Entre todos tivemos que "envasar" as chuches e preparar a presentación da tenda. Colocar a pesa e a caixa dos cartos. O reloxo e a lista de prezos. Logo escollemos aos dependentes e os demais fomos os clientes que mercamos as chuches ata deixar a tenda sen existencias.

Con esta actividade traballamos os euros e os céntimos, as horas, o kilo, as decenas... E foi moi divertido!!!!

Se clicas na foto poderás ver moitas máis.

Distribuir contido