[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

1ºB

Benvida para Sabela

Os alumnos e alumnas de 1ºB quixémoslle dar a benvida a Sabela, a irmanciiña do noso compañeiro Nico que ven de nacer. 

Parabéns, Nico e toda a familia!!!!!para Sabela

Día do libro

Con motivo da celebración do día do libro, os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB fomos á biblioteca onde o alumnado de 4ºA nos leu e dramatizou o conto "Xogando ao escondite", onde Cabaliño de mar e os seus amigos Pascual, Lara, Cocoroca e Malena o pasan xenial. Queres coñecelos? Nós pasámolo xenial!!!!

DiaDoLibro

Día da nai

Chegou a primavera e para celebralo nada mellor que cun agasallo para a nosa naiciña querida.

Este curso, os alumnos e alumnas de 1º A e 1ºB preparamos uns bolsiños portatodo, para que non teñan que andar buscando as cousas polo bolso!!!

Feliz dia mamás!!!!

 

DiaDaNai

Coñecemos ao Cabaliño de Mar

Os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB, estamos aprendendo un montón de cousas sobre os Cabaliños de Mar. Para isto, buscamos información e videos en Internet, lemos libros e consultamos un libriño da editorial Edelvives que resultou moi instructivo.

Estámolo pasando realmente ben coñecendo que comen, onde viven, quen son os seus veciños, quen son os seus depredadores....

O Cabaliño de Mar

 

Xogando ao escondite

O alumnado de 4ºA de Ed. Primaria, con motivo da celebración do Día do Libro,  dentro do proxecto do Cabaliño de Mar que temos en 1ºA e 1ºB, dramatizounos o conto "Xogando ao escondite".

Gustounos moitísimo e esperamos poder repetir a experiencia!!!

Xogando ao escondite

 

      

PROGRAMACIÓN DE 1º EP CURSO 2014-2015

No ficheiro adxunto podedes consultar a programación do presente curso.

Samaín en 1º

Os cursos de primeiro nivel  celebrou unha festa do samaín o dia 30 de outubro.

Os nenos e nenas viron unha peli arrepiante e comeron palomiñas e nubes molladas en chocolate.

A feste estivo ambientada con música de medo.

Distribuir contido