VISITA DO ALUMNADO DO SANGUIÑAL

Mañá, 2 de xuño, imos ter a honra de recibir, como todos os anos, aos nosos compañeiros e compañeiras da EEI de Tallára (nós acostumamos a chamarlle a "escola do Sanguiñal"). Esperamos con moito entusiasmo a visita, pois algúns e algunhas de nós realizamos aí toda a Etapa de Infantil e queremos darlles a benvida ás nosas amizades doutros anos.

Para recibilos, fixémoslles un pequeno agasallo e cociñamos un biscoito. Por iso, primeiro mercamos na nosa tenda MIMOS os ingredientes e logo fixemos de cociñeiros e realizamos unha estupenda receita coa que traballamos as medidas de capacidade e cantidade.

Clicade na imaxe e veredes as fotografías do noso traballo.

Igualdade, Convivencia e Inclusión