APP Centros NetIniciar sesión |
Información XeralO Conservatorio de Danza de Lugo, comezou a funcionar o curso 2003/04; é o único centro de Danza, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que existe na nosa comunidade. Imparte o grao elemental e profesional dos estudos de Danza. Dende o seu nacemento o número de alumnos vai medrando ano tras ano.
Pode accederse a calqueira outro curso do grao elemental o profesional superando unha proba de coñecementos das materias que compoñen o currículo dos diferentes cursos. Esta proba realizarase no mes de setembro.
Grao Elemental : Consta de catro cursos onde se da unha formación básica coas materias de: Danza Clásica, Música , Danza Galega, Danza de Carácter , Iniciación a Danza Contemporánea e Iniciación a Danza Española e ao Baile Flamenco. O finalizar este grao os alumnos obteñen un Certificado de Estudos Elementais Grao Profesional : Consta de seis cursos que poden realizarse segundo catro especialidades: Danza Clásica, Danza Española, Danza Contemporánea e Baile Flamenco . Neste Centro ofrécese a posibilidade de cursar a especialidade de Danza Clásica e de Danza contemporánea. O finalizar este grao os alumnos obteñen o Título de grao Profesional na especialidade cursada. Grao Superior: Consta de catro cursos e dúas especialidades : Coreografía e Interpretación dunha banda e Pedagoxía doutra. O título que obteñen o finalizar este grao e equivalente a tódolos efectos a unha licenciatura. Este grao polo de agora só se pode cursar en Madrid, Barcelona, Málaga, Valencia , Alicante e Bilbao. Tamén podese cursas "Pedagogía de las Artes Visuales y de la Danza" na Univesidade Juan Carlos Tercero de Madrid. GRAO PROFESIONAL
As ensinanzas profesionais de danza teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da danza. A finalidade das ensinanzas profesionais de danza ordénase en catro funcións básicas: formativa, orientadora, profesionalizadora e preparatoria para estudos posteriores. O ensino da danza no grao profesional organízase nun grao de seis cursos de duración.
As ensinanzas profesionais de danza teñen como obxectivo contribuír a desenvolver no alumnado as capacidades xerais e os valores cívicos propios do sistema educativo e, ademais, as capacidades seguintes: a) Habituarse a observar a danza asistindo a manifestacións escénicas relacionadas con ela, e a establecer un concepto estético que permita fundamentar e desenvolver os propios criterios interpretativos. b) Desenvolver a sensibilidade artística e o criterio como fonte de formación e enriquecemento persoal. c) Analizar e valorar a calidade da danza. d) Coñecer os valores da danza e optar polos aspectosxurdidos dela que sexan máis idóneos para o desenvolvemento persoal. e) Participar en actividades de animación dancística e cultural que permitan vivir a experiencia de transmitir o goce da danza. f) Coñecer e empregar con precisión o vocabulario específico relativo aos conceptos científicos da danza. g) Coñecer e valorar o patrimonio dancístico como parte integrante do patrimonio histórico e cultural. h) Fomentar a utilización do patrimonio dancístico e musical en xeral, e a do galego en particular, como medio indispensable no enriquecemento da persoa e da súa formación artística. ESPECIALIDADES DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE DANZA O currículo das ensinanzas profesionais de danza referirase a cada unha das seguintes especialidades:
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS As ensinanzas profesionais de danza deberán contribuír a que o alumnado adquira as capacidades seguintes: b) Habituarse a asistir a manifestacións escénicas relacionadas coa danza para formar a súa cultura dancística e restablecer un concepto estético que permita fundamentar e desenvolver os propios criterios interpretativos. c) Valorar a importancia do dominio do corpo e da mente para utilizar con seguridade a técnica, co fin de lograr a necesaria concentración que permita unha interpretación artística de calidade. d) Afondar no desenvolvemento da propia personalidade a través da necesaria sensibilidade musical, co fin de lograr unha interpretación expresiva. e) Analizar criticamente a calidade da danza en relación cos seus valores intrínsecos. f) Relacionar e aplicar os coñecementos adquiridos en todas as materias que compoñen o currículo, nas vivencias e nas experiencias propias para conseguir unha interpretación artística de calidade. g) Aplicar os coñecementos históricos, estilísticos e coreográficos para lograr unha interpretación artística de calidade. h) Ter a disposición necesaria para saber integrarse nun grupo como un membro máis e para actuar como responsable do conxunto. i) Actuar en público con autocontrol, dominio da memoria e capacidade comunicativa. j) Adaptarse coa versatilidade necesaria ás formas expresivas características da creación coreográfica contemporánea. k) Improvisar de acordo co estilo, a forma e o carácter da música, así como a partir de propostas non necesariamente musicais, tanto auditivas como plásticas, poéticas, etc. l) Reaccionar cos reflexos necesarios que require a solución dos problemas que poidan xurdir durante a interpretación. m) Formarse unha imaxe axustada de si mesmo, das propias características e posibilidades, e desenvolver hábitos de estudo, valorando o rendemento en relación co tempo empregado. MATERIAS COMÚNS E PROPIAS DAS ESPECIALIDADES. As ensinanzas profesionais de danza organízanse nas materias seguintes:
a) Música.
a) DANZA CLÁSICA: danza clásica; danza de carácter; danza contemporánea; repertorio; pantomima e interpretación; b) DANZA CONTEMPORÁNEA: danza clásica; técnicas de danza contemporánea; improvisación. Materias optativas. As materias optativas terán como finalidade complementar o currículo das ensinanzas profesionais. Para acceder ao primeiro curso do ensinanzas profesionais de danza cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais, consonte os obxectivos establecidos neste decreto. Para a especialidade de danza Clásica, a proba consistirá en: a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar. b) Unha danza galega ou de carácter, libremente elixida polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar. c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á escoita activa. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e precisarase unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar. Para a especialidade de danza contemporánea, a proba consistirá en: a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro, incluíndo secuencias de movementos de danza contemporánea. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar. b) Unha improvisación sobre un fragmento musical, que o profesor ou a profesora pianista acompañante lle dará a coñecer previamente á persoa aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e precisarase unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar. c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á escoita activa. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar. A puntuación definitiva da proba citada nos puntos anteriores será a media ponderada da cualificación obtida nos tres exercicios. Para estes efectos, ponderaranse o primeiro e o segundo deles nun total dun 85 por cento, e o terceiro nun 15 por cento. A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que fose convocada. PROBAS DE ACCESO A OUTROS CURSOS Poderá accederse a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes. MATERIAS E CARGA LECTIVA
-Danza clásica -Danza galega Total horas: 110 horas
-Danza clásica Total horas: 110 horas |