Normas/Prazos

 

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2020-2021. Nesta ocasión, inclúense tamén os prazos para pedir praza en cursos de especialización, que se impartirán este ano por primeira vez e que van dirixidos a persoas xa tituladas en ciclos formativos. 

 

Admisión a ciclos ordinarios FP 2020-21

 

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas–presencial e a distancia comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 8 de xullo ás 13 h.

Podes consultar o seguinte video de axuda para a creación dunha solicitude web:

https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY

A matriculación da primeira adxudicación de prazas comezará o 21 de xullo ás 9 h., ata o 27 de xullo ás 13 h.

A continuación, unha vez se comproben as prazas que quedaron vacantes, procederase á segunda adxudicación de prazas, cuxo período de matrícula irá do 29 de xullo ás 9 h. ao 31 de xullo ás 13 h.

Admisión a ciclos Dual FP 2020-21

 

Canto á FP Dual, a presentación de solicitudes será tamén entre o 25 de xuño ás 9 h. e o 8 de xullo ás 13 h.

O período de selección por parte da empresa colaboradora irá do 15 ao 17 de xullo, e as persoas finalmente seleccionadas poderán matricularse do 20 de xullo ás 9 h. ao 27 de xullo ás 13 h.

<<< Máis información >>>