Iniciar sesión: Acceso

ADMISIÓN 23-24- ESPERÁMOSVOS!!

PRAZO

DO 01 AO 20 DE MARZO DE 2023

FORMAS DE PRESENTAR A SOLICITUDE

Presentación electrónica de solicitudes (ED550A e ED550B):

 

1º. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando ) e cubrir o modelo ED550B – anexo II, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

2º. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.

3º. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto

1º. Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...). 2 CVE: UHwYRdVftDA9 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

4º. O xustificante da presentación electrónica da solicitude (ED550A ou ED550B) só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación. 5º No caso de solicitudes de admisión (ED550B), o número que aleatoriamente lle asignou aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación (que se terá en conta, de ser o caso, para desempatar) poderá consultarse, xunto co estado de tramitación da solicitude, na devandita aplicación

b) Presentación presencial de solicitudes (ED550B)

 1º- A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, no centro docente indicado en primeiro lugar.

2º.- deberá ir acompañada de:

- libro de familia

- sentenza de separación- se fose preciso

- documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas – se fose preciso

Podes descargar aquí o modelo de solicitude ou recollelo no centro educativo que cho facilitarán

 

OUTROS DATOS DE INTERESE

1.- Sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras:

Establécese que en todos os casos de solicitude  de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.

 2.- Son  membros computables da unidade familiar:

a) As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, as titoras ou acolledoras do alumnado.

b)Os/as fillos/as menores de idade.

 c) Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade que estean incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos se convivan no domicilio familiar.

 e) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou análoga relación de afectividade ás anteriores con convivencia no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

 Polo tanto, nos casos de separación ou divorcio:

 - Con custodia compartida: a unidade familiar está composta polas persoas proxenitoras e os seus descendente común

 - Con custodia exclusiva: a unidade familiar está composta pola persoa proxenitora que teña a custodia exclusiva e os fillos suxeitos a esta custodia e, de ser o caso, polo novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora. Non se inclúe á outra persoa proxenitora do alumnado

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.38 MB

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031