Día da Biblioteca

As vosas cartas :)

Boas nenos e nenas!

 

Estou encantado con tanta correspondencia!

Gustáronme moito as vosas cartas,

tanto polo que me contades coma

polos debuxos e as cores.

 

Volvereivos a escribir!

 

Unha aperta,

 

                                               UNCAS

 

 

Día das Letras 2020, unha vez máis :)

 

   O curso pasado, por mor do confinamento, non puidemos celebrar este día como acostumábamos. Pero si chegamos a realizar un vídeo no que se recollen as palabras que máis nos gustan en galego. Vídeo que queremos achegar novamente debido a que a Xunta e a RAG adiaron o acto oficial das Letras Galegas par este 31 de outubro. Desexamos que o desfrutedes unha vez máis.

  

Día da biblioteca 2020

   Os nenos e nenas do CEP Plurilingüe CEP Caselles Beltrán recibiron unha pequena sorpresa polo "Día da biblioteca". Uncas escribiu unha carta para cada un dos cursos, onde nos anunciaba que se iniciaría o préstamo de libros e de paso nos preguntaba polos nosos gustos lectores. Aquí queda un vídeo a modo de resumo do día.

Día da Biblioteca

O día 24 de Outubro celebrouse o Día da Biblioteca. Durante esa semana decoramos libros e marcapáxinas. Quedaron preciosos! Ademais recordamos as normas da biblioteca para facer un bo uso deste espazo.

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer