Skip to Content

Obxectivos do Departamento de Orientación

EN RELACIÓN COS ALUMNOS

EN RELACIÓN COS PROFESORES

Detectar, valorar, orientar e facer un seguimento do alumnado con necesidades educativas especiais.

Axudar ós alumnos no seu autocoñecemento e maduración.

Atender especialmente ós alumnos que precisen máis axuda.

Tentar acadar un modelo acabado de integración social dos nenos inmigrantes estranxeiros, tendo en conta unha adaptación do currículo á educación intercultural.

Ensinar ós alumnos a planifica-lo seu traballo.

Desenvolver nos alumnos  hábitos de traballo e estudo.

Detectar a idade temperá aqueles nenos que presenten ou podan presentar dificultades na aprendizaxe.

Centralizar no departamento de orientación toda a problemática e información referente ós alumnos con necesidades educativas especiais.

Ofrece-lo material pedagóxico que precisen.

Ofrecer asesoramento psicopedagóxico.

Cooperar na planificación de programas transversais que permitan recoller, integrar e enriquece-lo bagaxe cultural do diverso alumnado do Centro.

Colaborar no desenvolvemento do Plano de Acción Titorial (PAT).

Asesorar e colaborar no seguimento de alumnos con necesidades educativas especiais.

Colaborar na avaliación das necesidades do Centro e informar sobre as mesmas.

Colaborar na coordinación entre ciclos.

Colaborar na cooperación entre titores e especialistas.

Colaborar na coordinación entre o Centro e a E.E.I. “VILALAURA”.

Colaborar na coordinación entre o Centro e o  I.E.S. “do CASTRO”.

Estudar conxuntamente as técnicas, materiais, metodoloxía e procedementos para mellora-la comprensión lectora.

Asesorar ós profesores na realización das  adaptaciónscurriculares.

Asesorar e colaborar na atención a nenos que presenten algún problema de conduta.

EN RELACIÓN COS PAIS/NAIS

EN RELACIÓN COA COMUNIDADE

Explicar e delimita-la función orientadora.

Proporcionar información referente ó Centro, a educación dos seus fillos, ó departameno de orientación.

Tratar de implicar ás familias na educación dos seus fillos.

Cando as circunstacias o precisen, facer unha reflexión conxunta con pais e profesores sobre a educación dos nenos.

Determina-lo tipo de colaboración que, neste senso, debe existir entre as familias e os profesores.

Fomentar nos pais unha actitude reflexiva cara ós temas educativos,  que lles leve a unha crítica coonstructiva das propias actuacións cos seus fillos.

Cooperar na organización da acollida para os alumnos que se incorporan por primeira vez ó sistema esolar ou á nosa escola.

Promove-la optimización dos procesos de  ensinanza–aprendizaxe, facilitando que se desenvolvan nas mellores condicións.

Propicia-la aplicación de novas tecnoloxías educativas e metodolóxicas de traballo para o profesorado e o alumnado.

Fomenta-la realización de programas de innovación educativa, experiencias e estudos de carácter pedagóxico.

Establecer relacións de colaboración cos equipos docentes e demais servizos educativos do Centro.

Informar ós membros da comunidade educativa dos plans de estudo, actividades profesionais e Centros educativos existentes.



page | by Dr. Radut