Skip to Content

Ao longo do curso 2017-18 darán lugar os actos de celebración.

O 10 de xaneiro o CEP Dr. Fleming de Vigo cumple 50 anos, unha moi boa idade para reter cantidade de experiencias afectivo-educativas con cantidade de nenos e nenas de Vigo.

Como sabemos que hai moito que contar e escoitar, esperamos ser quen de recoller ao longo do curso escolar 2017-18 unha morea de recordos do antigo alumnado, anécdotas, experiencias, fotos, vídeos, traballos... que pouco a pouco iremos colgando nesta web principal donde iremos enlazando todo o que desexedes amosarnos.

Tamén traballaremos co noso alumnado baixo un proxecto común "O doutor Fleming e a Ciencia" do que sairán unhas liñas de traballo para os diferentes cursos e dinamizacións, nas que poderedes participar as familias, antigos alumnos...

Comunicade aquelo que pensedes poida axudar/sumar a esta experiencia de convivencia e formación.  

TEMOS UN CURSO PARA APRENDER E CELEBRAR.

EN SETEMBRO COMEZAMOS.

 

Teléfono 886 120909

Correo electrónico: cep.fleming@edu.xunta.es

 cep.fleming@edu.xunta.es



page | by Dr. Radut