Skip to Content

 

Formulario de equipamento TIC

Estimadas familias. 

 

Este curso, debido á situación actual da pandemia, e dentro das medidas a tomar de cara a unha posible volta ao confinamento, o equipo TIC da nosa escola desexa coñecer o antes posible a situación das familias para poderlles axudar no caso preciso. 

Para iso,  premendo no seguinte formulario, poderán vostedes cubrir a súa situación no referente ás novas tecnoloxías que os alumnos teñen á súa disposición  no fogar. 

 

Como sempre digo, rógolle cúbrana por este medio para evitar mandar as notas en papel e para facilitar as tarefas administrativas desta dirección. 

 

Recordo ademais que, se alguén non cubriu a autorización da imaxe ou a das persoas autorizadas, o realicen desde os links existentes na web. 

 

Grázas. 



page | by Dr. Radut