Skip to Content

 

ENTROIDO 2023. ORDES DO MECO.

Estimadas familias. Como tódolos cursos, neste imos celebrar o Entroido no cole. As Ordes do Meco para a semana do do 13 ao 17 de febreiro son:

 

- Se a volta ao mundo queres dar, o pixama ao cole o luns deberás levar.

- O martes non te cases nin te embarques, pero adorna ben a cabeza para que o día ben remates.

- Se queres ser coma Magallanes e Elcano, o mércores vestirás coma na Festa de Fin de Ano.

- Con este temporal agárrate ao timón, pero non esquezas o xoves de traer o mandilón.

- Ondiñas veñen e van. Se os mares queres navegar, o venres o disfrace que deseñaches levarás.

 

Grazas pola vosa colaboración. 

ENTROIDO 2023. ORDES DO MECO.


image | by Dr. Radut