Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Queremos un Centro aberto, participativo acorde coas normas establecidas e a innovación educativa; un alumnado libre, tolerante, democrático, responsable, formado técnica e culturalmente, con hábitos positivos e habilidades para a vida; un profesorado profesional, libre, plural, motivador, dinamizador de grupos, eficaz; e unha comunidade educativa colaboradora, respectuosa, participativa e informada. Fomentamos especialmente os valores cívico-éticos e a preparación do alumnado para a participación activa nunha sociedade democrática.
A lingua vehicular do Centro é o galego. Pretendemos que o alumnado acade cando remate a Primaria igual grao de competencia lingüística en galego que en castelán.
A modalidade de xestión institucional que asumimos é a dos acordos por consenso da Comunidade Educativa.
Tentamos ofrecer unha atención á diversidade do noso alumando ó longo de toda a Primaria adaptando o ensino ás peculiaridades dos discentes.
Os principios metodolóxicos xerais, comúns a todo o profesorado son os dun ensino activo que fomenta a creatividade e a adaptación a situacións novas nunha sociedade que evoluciona; un ensino onde propiciamos a participación entre as nenas e nenos do grupo; un ensino lúdico, que parte dos intereses e motivación do alumnado; un ensino compensatorio, constructivo, onde o neno pode atribuír significado ó coñecemento novo a partir do que xa sabe establecendo con el novas relacións, e un ensino globalizado.
O noso centro é un Colexio de ensinanza Pública que pretende a formación integral do alumnado tendo en conta cada intre da súa vida e o respecto ás diferencias individuais.
Queremos unha escola inclusiva na que día a día vaiamos quitando as barreiras á aprendizaxe e á participación.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |