Skip to Content

 

Programa de Prevención: Drogodependencias

O Departamento colaborará coa dirección do Centro na  posta en marcha de diferentes programas propostos polo SPAD de Vilagarcía e relacionados coa prevención de drogodependencias. Os programas e actividades nos  que se vai participar son os seguintes:

·        Realización de caderniños sobre a prevención por parte do alumnado do Centro  cos respectivos titores. Continuarase completando os que xa solicitamos nos cursos anteriores e solicitaranse outros novos onde se precise.

·        “Cine” Proxección de películas e realización de actividades relacionadas coas mesmas sobre diferentes valores.

·        “Na Horta cos teus amigos” en sesións de contacontos  en distintas titoras. Ubicarase na sala do profesorado para unha copia maior facilidade de consulta e uso por parte dos titores.

·        “Obradoiro de bebidas saudables” para o alumnado de 5º impartido por membros do SPAD: 23 de marzo. Recolleranse os carteis da campaña sobre as bebidas saudables.

·        “¿E ti que opinas?” para o alumnado de 6º. Charlas impartidas por membros do SPAD encol da publicidade e a presión de grupo, relacións dentro do grupo e solución de conflictos o 12 de abril

·        “Prevención nas familias” Charla para nais e pais impartida por membros do SPAD e convocada pola APA e a dirección do Centro.

 



story | by Dr. Radut