Skip to Content

 

Obxectivos do Departamento no curso 2009/ 10

1. Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación, do alumnado do Centro.

  2. Deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención: Acollida do alumnado, formación do profesorado, atención á diversidade, avaliación, acción titorial, transición ao IES, ...

 3. Colaborar co profesorado no deseño, desenvolvemento e avaliación dos seguintes programas:

  •  programa de traballo en grupos cooperativos nos cursos que o soliciten
  •  programa de prevención de drogodependencias en colaboración co SPAD de Vilagarcía

 4. Redactar o plan de acción titorial:

  •          4.1 Promover a cooperación entre os titores e  as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación, adquisición de hábitos de hixiene e autonomía, desenvolvemento motriz e da linguaxe, relacións interpersoais, seguimento dos hábitos de estudio (charla de nais e pais no 2º trimestre sobre este tema).
  •          4.2. Preparación de materiais axeitados para a labor titorial con accesibilidade dixital aos mesmos dende a sala do profesorado:  
    •      Materiais de apoio para a mellora das relacións interpersoais, a solución de conflictos e o entrenamento en habilidades sociais.
    •       Materiais de reforzo ou ampliación sobre distintos aspectos para dar resposta á diversidade: Comprensión lectora (PPS),..
    •      Documentos básicos.
    •    Materiais para a aprendizaxe lingua co alumnado estranxeiro.
  •      4.3 Preparar un programa para facilitarlle ao alumnado e as súas nais e pais o apoio e asesoramento necesarios no momento do ingreso no Centro. Preparar copia de toda a documentación en castelán.
 5. Ofrecerlle ao profesorado o soporte técnico necesario para atender ás necesidades educativas dos seus alumnos/as  e desenrolar o plan de actuación acordado.
  •         5.1 Inventariar o material bibliográfico co programa Meiga, lúdico e informático das aulas de apoio, para facilitar as consultas. 
  •         5.2 Facilitar o coñecemento e utilización de materiais de apoio para o profesorado e o alumnado en soporte informático. 

6. Elaborar propostas relacionadas coa orientación que deban incluirse no ideario do Centro. Participar no seguimento e avaliación do Proxecto Curricular de Centro adaptándoo á Lei Orgánica 2/2006  de 3 de maio de Educación e ás disposicións que a desenvolven entre a que destaca o Decreto 130/ 2007 do 28 de xuño, polo que se establece o curriculo de Educación Primaria 

 7. Concretar accións de prevención de dificultades  ou problemas  de desenvolvimento ou de aprendizaxe. 

 8. Preparar os materiais adecuados para realizar o diagnóstico do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e alumnado de novo ingreso nos diferentes cursos e en especial para o alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo. 

 9. Participar na avaliación psicopedagóxica. 

 10. Impulsar a participación do profesorado  en programas de investigación educativa nos ámbitos de atención á diversidade,  habilidades sociais, ... 

 11. Cooperar cos membros  dos Equipos de Orientación Específicos, co Departamento de Orientación de Secundaria e co servizo de Orientación da EEI “A Pastora” 

  •           Co E.O.E. no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención para alumnado con n.e.específicas
  •          Co Departamento de Orientación do IES “Ramón Cabanillas”:  
    •          programa de acollida e charlas de orientación académica no remate da Primaria para o alumnado de 6º que se vai incorporar á ESO... 
    •          liñas xerais de orientación a seguir no programa de ambos centros 
  •          Co Servizo de Orientación da EEI “A Pastora”: 
    •          programa de acollida do alumnado de 5 anos que se vai incorporar a este Centro, e das súas nais e pais. 
    •          liñas xerais de orientación a seguir no programa de ambos centros 

 12. Establecer canles de comunicación cos Servicios Sociais e outros servicios e institucións: Asociación Esperanza, Hospital Xeral, ... 

 



story | by Dr. Radut