Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Maio 13, 2011
Start: 13/05/2011 12:00
End: 13/05/2011 13:35

Con motivo da celebración das Letras Galegas, que este ano se adican ao escritor Lois Pereiro, o alumnado e o profesorado do centro participará o venres, día 13, ás 12 da mañá, na Ofrenda Floral e recitado de poemas, diante da estatua a Cabanillas xunto con alumnado e profesorado dos demais centros do Concello.

Venres Maio 20, 2011
Start: 20/05/2011 00:00
End: 20/05/2011 13:10

O nosos nenos/as de 2ºB e 5ºA vanse a coñecer aos seus compañeiros do colexio de Salceda cos que estiveron intercambiando correspondencia ao longo do ano. Toda unha experiencia!

Start: 20/05/2011 12:00
End: 20/05/2011 13:45

O alumnado de 3º, acompañado dos seus titores e baixo a inestimable guía de Manuel Núñez poderán coñecer de preto a gran variedade de árbores cos que contamos na vila de Cambados, en concreto no bosque do pazo de Fefiñáns.

Mércores Xuño 01, 2011
Start: 01/06/2011 18:00
End: 01/06/2011 19:30

O mércores, día 1, ás seis da tarde terá lugar a segunda sesión da Escola de Familia no IES Ramón Cabanillas. Desta volta será José Torres, membro do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, o conferenciante que nos falará sobre "Os riscos de Internet e as redes sociais".

Luns Xuño 06, 2011
Start: 06/06/2011 20:00
End: 06/06/2011 21:27

O alumnado de 6º e as súas familias teñen unha cita o luns, seis de xuño, no IES Ramón Cabanillas. Alí o Equipo directivo xunto coa orientadora do IES falaranlles da nova etapa educativa e os cambios que conleva así como a normativa básica que se ha de cumplir no IES

Martes Xuño 07, 2011
Start: 07/06/2011 08:30

O  alumnado de 2º Ciclo viaxará a Coruña o vindeiro martes, día 7. Visitará a Casa das Ciencias, a Domus, o Acuario, a Torre de Hércules e disfrutará dun día de lecer na compañía dos seus compañeiros.

Venres Xuño 10, 2011
Start: 10/06/2011 09:30
End: 10/06/2011 10:30

O vindeiro venres, día 10 de xuño, o alumnado de cinco anos da EEI "A Pastora" que fixo a reserva de praza no noso centro virá coñecer o colexio da man das súas titoras.

Distribuir contido


by Dr. Radut