Skip to Content

 

O ALUMNADO DO COLE APRENDE INGLÉS CO TEATRO

Todo o alumnado do noso centro asistiu onte xoves, 9, a sesións de teatro en inglés. Esta actividade formativa desenvolveuse no Auditorio Municipal "A Xuventude". Actuou a compañía ChameleonTheatre.

 

O ALUMNADO DO COLE APRENDE INGLÉS CO TEATRO

ENTROIDO 2023. ORDES DO MECO.

Estimadas familias. Como tódolos cursos, neste imos celebrar o Entroido no cole. As Ordes do Meco para a semana do do 13 ao 17 de febreiro son:

 

- Se a volta ao mundo queres dar, o pixama ao cole o luns deberás levar.

- O martes non te cases nin te embarques, pero adorna ben a cabeza para que o día ben remates.

- Se queres ser coma Magallanes e Elcano, o mércores vestirás coma na Festa de Fin de Ano.

- Con este temporal agárrate ao timón, pero non esquezas o xoves de traer o mandilón.

- Ondiñas veñen e van. Se os mares queres navegar, o venres o disfrace que deseñaches levarás.

 

Grazas pola vosa colaboración. 

ENTROIDO 2023. ORDES DO MECO.

MENÚS MES DE FEBREIRO

Estimadas familias, no seguinte enlace podedes acceder aos menús basais e de dietas do mes de febreiro.

Saúdos

 

https://drive.google.com/drive/folders/1IOkdN78PvFRAQHl53fxE-qDQlpAVlHX1?usp=share_link

OS NENOS E NENAS DO MAGARIÑOS GOZANDO DO RECREO

OS NENOS E NENAS DO MAGARIÑOS GOZANDO DO RECREO

MENÚS MES DE XANEIRO 2023

Estimadas familias, no seguinte enlace podedes acceder aos menús basais e de dietas do mes de xaneiro.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1mdKsb83_JnDcAU61SUNx8ii1Le0o1JgV?usp=share_link 

Iníciase o proceso de RESERVA E ADMISIÓN para o vindeiro curso 2023/24

Estimadas familias,

nos seguintes enlaces podedes acceder á Orde de Admisión para o vindeiro curso 2023/24 e tamén aos formularios de reserva de praza e de admisión.

NADAL NO MAGARIÑOS

Aquí vos deixamos o vídeo dalgunhas actividades deste Nadal.

 

 

https://drive.google.com/file/d/1iiM2pEY2wCs8h2DE5O8g1fqoNnjFiBxn/view?usp=sharing

 

PROPOSTAS PARA O NADAL EN FAMILIA

Estimadas familias, deixamos aquí algunhas propostas para facer neste Nadal co(a)s vos@s fill@s.

FAMILIAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS CONCEDIDAS POLO CONCELLO DE CAMBADOS

Estimadas familias:

Queremos recordarvos que aquelas familias que recibistes axuda económica por parte do Concello de Cambados para mercar material escolar, debedes de xustificalo ante este organismo, coa maior brevidade. 

 

Un saúdo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut